BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 31 de enero de 2012

XOGAMOS AO BALONCESTO CO CARBALLO BASKET


Tod@salumn@s de Educación Primaria do noso centro, están disfrutando durante esta semana, cunhas sesións encamiñadas a coñecer e disfrutar do baloncesto.A iniciativa  enmarcase dentro da colaboración do departamento de educación física do noso centro coas diversas agrupacións deportivas e clubes do noso concello.

As sesións están sendo impartidas por dous adestradores titulados do clube Carballo basket coa colaboración do mestre de educación Física.

Os nen@s están coñecendo de maneira lúdica esta modalidade deportiva que ten moito arraigo na nosa localidade.

A continuación podedes ver as fotografías das sesións e disfrutar do "Gasol" que levades dentro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario