A Educación para a Paz afecta a todos os elementos curriculares de todas as áreas e etapas educativas.
Na práctica de actividades físico/deportivas, podemos detectar unha serie de actitudes que baixo unha perspectiva educativa contribúen á Educación para a Paz. Estoume referindo a: solidariedade,tolerancia,cooperación, autonomía, deportividade, respecto á diversidade, ... Desde a área de Educación física pretendo : Desenvolver actitudes de compañeirismo e non violencia nos seus xogos e deportes, dentro e fóra do centro; adquirir hábitos de tolerancia ante calquera opinión, aceptar as normas propostas polo grupo, desenvolvendo actitudes de tolerancia e cooperación, valorar a importancia a convivencia pacífica entre persoas de diferentes culturas, razas, sexos, idades,...En definitiva, tolerancia e respecto aos demais, ás diferenzas e aceptación do diálogo como causa para resolver as situacións conflitivas.
Así "educar para a paz" esixe formar no espírito crítico, a capacidade de dialogar, a veracidade, a xustiza social, ... A paz cuestiona unha serie de valores que lle son contrarios e que están presentes tanto nos procesos sociais como educativos (falamos de individualismo, insolidaridade, competitividade, discriminación, etc.).

No hay comentarios:
Publicar un comentario