BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

viernes, 21 de junio de 2019

BO VERÁN A TOD@S!



Finaliza un novo curso no que agardo que disfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a tod@s por visitar o blog.

Vémonos de novo o once de Setembro para seguir "disfrutando movéndonos".

Un saúdo e bo verán a tod@s.

jueves, 20 de junio de 2019

PDC. ACROSPORT 6º E.PRIMARIA


Hoxe pola tarde celebramos un novo festival de fin de curso no Pazo da cultura, baixo o título de "A Cristina dá a volta ao mundo". O tema central foron as músicas do mundo, con coreografías de diversos países.  Os rapaces de sexto curso quixeron aportar como despedida o seu graniño de area, representando unha coreografía de acrosport.

Quero darlles as grazas e a noraboa a tod@s eles, polo seu esforzo durante todos estes días.O esforzo mereceu a pena!

Tamén, felicitar a nosa mestra de música Nerea, pola súa colaboración no desenvolvemento do Proxecto deportivo de centro ao longo deste curso que estamos a piques de rematar, e sobre todo, polo seu gran traballo na organización deste evento. Noraboa compañeira! Que luxo contar con profesionais coma ti!

Podedes ver algunhas fotografías do festival neste enlace de La Voz de Galicia-Carballo: FESTIVAL FIN DE CURSO


PDC. A ANPA FONTE DA CRISTINA APORTA NOVO MATERIAL PARA O XIMNASIO DO NOSO CENTRO.

A Anpa Fonte da Cristina comprou para ao ximnasio do noso centro unha nova colchoneta quitamedos.

Desde o departamento de Educación Física quero darlle as grazas por esta nova aportación, da cal, os nosos alumn@s disfrutarán o próximo curso.

Moitas grazas!



miércoles, 19 de junio de 2019

DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE SEXTO CURSO.



Como todos os anos, chega un dos momentos máis difíciles e duros do curso, a despedida do alumnado de sexto curso.

Para min non é nada fácil despedirme de vós, xa que, foron oito cursos moi intensos, onde disfrutei moito aportando o meu graniño de area na vosa formación como alumn@s, pero sobre todo, como persoas.

Ao longo destes anos, intentei dar o mellor de min e tentei ser o máis xusto posible con tod@s vós. Seguramente me equivocara moitas veces e tomara decisións que non vos gustaron, pero fixeno pensando no voso ben. 

O meu único obxectivo foi facer que disfrutárades da actividade física e o deporte, e que teñades uns valores que vos axuden a mellorar o día de mañá.

Compartir tantas experiencias  nas clases de educación física durante tantos cursos, fará que non me esqueza nunca de vós e botareivos moito de menos, porque o pasei realmente ben ao voso lado.

Espero que vos vaia todo xenial na vida, que saiades adiante e que aprendades a importancia que ten o esforzo para alcanzar os vosos soños.

Moitas grazas por facerme partícipe das vosas vidas!

Unha aperta moi forte para tod@s!

Ata sempre!!!

jueves, 13 de junio de 2019

PDC.O ALUMNADO DE SEXTO CURSO PUXO FIN ÁS CAMIÑATAS SAUDABLES POR ESTE CURSO

Como antesala á súa despedida, os alum@s de sexto curso de E.Primaria puxeron fin ás camiñatas saudables por este curso, iniciativa que pretendemos que teña continuidade no curso 2019-2020.






miércoles, 12 de junio de 2019

PDC.CONTINUAMOS COAS CAMIÑATAS SAUDABLES

Continuamos  coas camiñatas saudables. Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de 5º de E.Primaria.
                               



PDC. ENCARGADOS DOS RECREOS ACTIVOS DO CURSO 2018-2019

Para organizar as zonas e distribuir o material dos "recreos activos" este curso que está a piques de rematar, contamos coa inestimable axuda de Paula, Iria, Nerea Cobas, Nerea Alonso, Thalia, Uxía, Aday, Martín, Anxo, Juan, Axel, David, Antón e Marcos, alumn@s de 6º de E.Primaria.

Por iso, hoxe quixemos ter un detalle de agradecemento con todos eles, e  regalámoslles un zapatillero, para agradecerlles o seu traballo.

Moitas grazas polo voso gran  traballo!      

   

lunes, 10 de junio de 2019

PDC. IX CARREIRA POPULAR 10 K CONCELLO DE CARBALLO


O noso colexio terá un ano máis, unha nutrida representación na  IX Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo que se celebrará este próximo domingo.

Agardo que os nen@s disfruten dunha mañá deportiva, na que as rúas de Carballo se convertirán de novo, nunha auténtica festa do atletismo.

 OS HORARIOS DAS PROBAS SON OS SEGUINTES:

12.15: INFANTIL, ALEVÍN.
12.35: BENXAMÍN.
12.45: PITUFOS: 2012,2013,2014,2015,2016.

Moita sorte a tod@s!

PDC. FASE FINAL DA LIGA ESCOLAR DE BALONCESTO 3X3


Mañá celebrarase no pavillón Bergantiños, a Fase final da Liga escolar de baloncesto 3x3 organizado polo Basket Xiria, na que estarán presentes os campións dos colexios que participaron ao longo deste curso   nesta liga.

O noso colexio estará representado por dous equipos, os Warriors e os Alfas.

Moita sorte e a desfrutar da experiencia!