BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

viernes, 29 de noviembre de 2013

ORIENTACIÓN NA ESCOLA




Os alumn@s de 6º de E.Primaria desenvolverán unha sesión de iniciación á Orientación o vindeiro 12 ou 19 de Decembro( dependendo das condicións metereolóxicas). A sesión será impartida por Iván Mera, técnico da federación de orientación.

EN QUE CONSISTE A ACTIVIDADE?

É  unha actividade de introdución a disciplina de Orientación deseñada exclusivamente para o alumnado de centros escolares de primaria ou secundaria.

Será dirixida por técnicos da federación, que visitarán o centro na data convida para realizar, ao longo dunha mañá e dentro do horario escolar, actividades lúdicas de iniciación que faciliten a inmersión dos escolares nesta modalidade deportiva de maneira lúdica e cooperativa.

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE:

•Ofrecerlles aos escolares unha alternativa máis para o uso e gozo do seu tempo libre.
•Desenvolver diferentes aprendizaxes que poidan extrapolarse posteriormente para poder ser empregadas en diferentes situacións cotiás.
•Concienciar os escolares na necesidade de coidar e manter os espazos naturais.
•Fomentar a colaboración entre os participantes e a capacidade de traballo en grupo.
•Aprender a interpretar diferentes tipos de planos.
•Saber manexar un compás.
•Coñecer as técnicas para trazados de rumbos.

CONTIDOS:

Dentro desta actividade de iniciación  traballaranse os seguintes contidos:

•Interpretación dun plano.
•Manexo do compás.
•Trazado dun rumbo.
•Manexo de material específico (fichas técnicas ....).
•As balizas.
•As pinzas.
•Adaptación ao medio.

lunes, 18 de noviembre de 2013

A IMPORTANCIA DA ACTIVIDADE FÍSICA

Este vídeo reflexa a importancia que ten a actividade física na nosa vida diaria, facéndose a seguinte pregunta: Que pasaría se os animais da selva estivesen obesos? Unha imaxe vale máis que mil palabras.

 


jueves, 14 de noviembre de 2013

OS DE 6º XOGAN CO BASKET XIRIA

Durante esta semana, Iván Latasa, técnico do Basket Xiria,impartiu aos alumn@s de 4º,5º e 6º de E.Primaria, unhas sesións de iniciación ao baloncesto,nas que, os rapaces disfrutaron coñecendo esta modalidade deportiva.

Quero agradecerlle a Iván , a súa disponibilidade e bo facer cos rapaces, os cales, quedaron moi contentos coa súa visita.

Moitas grazas!!!

jueves, 7 de noviembre de 2013

O HOQUEI CLUB LICEO INVÍTANOS A PRESENCIAR OS SEUS PARTIDOS.


O hoquei club Liceo de A Coruña, no seu afán de promocionar o hoquei a patíns, facilítanos desde hai dúas semanas, entradas para presenciar os seus partidos.

O vindeiro sábado 9 de novembro, ás 19 horas, enfrontarase ao Amatori Lodi de Italia na competición europea.

Anímate e disfruta do hoquei!!!!

lunes, 4 de noviembre de 2013

XOGAMOS CO BASKET XIRIA


Os técnicos do Carballo Basket  visitarán  a vindeira semana o noso centro, para facer unha presentación do baloncesto e explicar o funcionamento e organización  do seu club.

Ademais, achegarán aos alumn@s de 4º,5º e 6º de E.Primaria, un dos recursos deportivos dispoñibles da nosa localidade, e ofreceranlles  unha alternativa de ocupación para o su tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables, conseguindo deste xeito, hábitos cada vez máis activos e saudables.

OS ALUMN@S DE 3º DE E.PRIMARIA CURSO DO MES DE OUTUBRO




Noraboa aos alumn@s de terceiro de Educación Primaria!!!!