BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 27 de mayo de 2019

PDC.FINAIS DO V TORNEO DE BÁDMINTON DE 5 E.PRIMARIA


Daniela e Adrián proclamáronse campións das finais feminina e masculina do V Torneo de Bádminton da Cristina de 5º de E.Primaria, que se disputou durante este mes de Maio.

Na final feminina, Daniela  gañou por dous sets a cero a Sofía ( 21-8 e 21-10).

Na masculina, Adrián logrou a victoria por dous sets a un  (17-21,21-18 e 21-13), nun emocionante partido, cun estelar Aitor como contrincante.

Ao final do partido, os catro finalistas recibiron sendos trofeos, e o  resto dos participantes de 5º curso, unha medalla de recordo.

Noraboa a tod@s!


DANIELA E SOFÍA
AITOR E ADRIÁN
FOTO DE GRUPO

PDC.FINAIS DO V TORNEO DE BÁDMINTON 6º CURSO DE E.PRIMARIA

Paula e Lucas proclamáronse campións das finais feminina e masculina do V Torneo de Bádminton da Cristina, que se disputou durante este mes de Maio.

Na final feminina, Paula  gañou por dous sets a cero a Noa ( 21-8 e 21-12).

Na masculina, Lucas logrou a victoria por dous sets a cero ante Juan (21-11 e 21-7)

Ao final do partido, os catro finalistas recibiron sendos trofeos, e o  resto dos participantes de 6º curso, unha medalla de recordo.

Noraboa a tod@s!

PAULA E NOA

JUAN E LUCAS

FOTO DE GRUPO


jueves, 23 de mayo de 2019

PDC. FINALISTAS 5º DE E.PRIMARIA DO V TORNEO DE BÁDMINTON.

Adrián, Aitor, Sofía e Daniela, son os catro finalistas de 5º de E.Primaria do V Torneo de Bádminton da Cristina.

Os resultados dos partidos de semifinais foron os seguintes:

  • Sofía & Marta: 21-18, 21-18.
  • Daniela & Enola: 21-14, 21-14.
  • Adrián & Guillermo: 23-21, 21-18.
  • Aitor & Unai: 21-16, 21-8.

PDC. FINALISTAS 6º CURSO E.PRIMARIA DO V TORNEO DE BÁDMINTON.

Lucas, Juan, Paula e Noa, son os catro finalistas de 6º de E.Primaria do V Torneo de Bádminton da Cristina.

Os resultados dos partidos de semifinais foron os seguintes:

  • Paula & Ainara: 21-19,14-21, 21-18.
  • Noa & Estela: 21-11, 21-11.
  • Lucas & Martín: 21-17, 21-17.
  • Juan & Anxo: 21-6, 21-13.

PDC.OS DE PRIMEIRO SÚMANSE ÁS CAMIÑATAS SAUDABLES.

Os nenos/as de 1º de E.Primaria realizaron onte unha nova camiñata saudable pola beira do Anllóns.



martes, 21 de mayo de 2019

PDC.III CARREIRA POLA LINGUA DO CEIP A CRISTINA

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, celebramos na pista polideportiva do noso colexio, a "III Carreira pola Lingua do Ceip. A Cristina",na que participou todo o alumnado do centro, para reivindicar a defensa da nosa lingua e fomentar os hábitos saudables.



PDC. NOVAS CAMIÑATAS SAUDABLES

Hoxe tocoulle realizar unha nova camiñata saudable ao alumnado de 3º de E.Primaria.Nada mellor que unha camiñata, para comezar o día.
             



jueves, 16 de mayo de 2019

martes, 14 de mayo de 2019

PDC. CONTINUAMOS COAS CAMIÑATAS SAUDABLES

Continuamos coas camiñatas saudables.Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de 4º de E.Primaria.