BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

viernes, 20 de junio de 2014

BO VERÁN A TOD@S!


Finaliza un novo curso no que agardo que gozásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a tod@s por visitar o blog e enriquecelo cos vosos comentarios e aportacións.

Vémonos de novo en Setembro para seguir "disfrutando movéndonos".

Un saúdo e bo verán a tod@s.

martes, 17 de junio de 2014

DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE SEXTO DE E.PRIMARIA




Foi para min moi gratificante tervos como alumn@s, xa que hoxe máis que nunca estou convencido de que o agradecemento e o cariño reflectidos nas vosas miradas durante a vosa gradación, fai que o traballo de mestre sexa máis placentero e agradezo a cada un de vós  que neste momento  me sinta orgulloso e satisfeito da miña profesión.

Debedes estar moi orgullosos polo alcanzado, pois  chegades a cumprir   unha meta, pero non ao final do camiño. Aínda queda un longo treito por percorrer, moitas metas máis por descubrir; debedes seguir loitando e esforzándovos por alcanzar os vosos soños paso a paso, vencendo cada un dos obstáculos que teredes que atravesar, pero non será doado, pois en ocasións haberá caídas, algunhas dolorosas outras non tanto, pero non esquezades levantarvos, pois con cada caída aprenderedes e gañaredes experiencia que é o que nos fai crecer como persoas.

Moitas grazas por todo.

Ata pronto!

domingo, 15 de junio de 2014

GRAN PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA IV CARREIRA POPULAR DE CARBALLO

@s atletas do noso colexio que participaron na IV Carreira Popular Concello de Carballo, realizaron un gran papel ao igual que en anos anteriores.

Aínda que tod@s estiveron moi ben, quedando a maioría entre os dez primeir@s clasificados, hai que destacar o terceiro posto de Nana Suárez e Lucía Carro, nas categorías benxamín e alevín feminino.

Noraboa a tod@s polo voso esforzo e comportamento.

lunes, 9 de junio de 2014

A CRISTINA ESTARÁ PRESENTE NA IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARBALLO


Un ano máis, A Cristina estará presente cun nutrido grupo de atletas na IV Carreira Popular Concello de Carballo.

Participarán nas categorías benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.

Os horarios orientativos das probas son os seguintes:
  • Alevín:         1.600 m.    10:00 horas
  • Infantil:        2.000 m.    10:20 horas
  • Benxamín:   1000 m      12:05 horas

sábado, 7 de junio de 2014

DESTACADO PAPEL DE XURXO PENA NO CAMPIONATO GALEGO DE PISTA AO AIRE LIBRE

Xurxo Pena, atleta do Atletismo Carballo, e alumno de terceiro de E.Primaria, rematou  sétimo no Campionato Galego de pista ao aire libre, celebrado está mañá nas pistas do estadio de Balaídos( Vigo).

Noraboa!!!


jueves, 5 de junio de 2014

JUDO NA ESCOLA

Os alumn@s de 1º, 3º e 6º de E.Primaria disfrutaron esta mañá, dunha sesión de iniciación ao Judo impartida por David e Alejandro, técnicos da Federación Galega desta modalidade deportiva. Esta actividade está incluida dentro das actividades lúdicas do Programa Xogade.

As  sesións resultaron moi participativas e os nen@s  realizaron moitos  xogos e actividades introdutorias ao judo.

Moitas grazas a David e Alejandro por darnos a coñecer este deporte.


miércoles, 4 de junio de 2014

XURXO PENA CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO EN PISTA

Xurxo Pena, alumno de 3º de E.Primaria , clasificouse para o Campionato Galego Benxamín de atletismo en pista ao aire libre, que terá lugar  nas pistas  de Balaídos( Vigo), o vindeiro sábado 7 de Xuño.

Participará nos 50 metros lisos, despois de acadar no Campionato Provincial, unha das 16 mellores marcas a nivel Galego nesta distancia.

Moita sorte e noraboa!!!!

lunes, 2 de junio de 2014

XOGAR NA RÚA 2014



Un ano máis, e cumprindo 23 anos, Xogar na rúa convértese no perfecto peche para o programa de Deporte en Idade Escolar, que inclúe as actividades deportivas que se desenvolveron durante o curso 2013-2014 nos centros escolares do concello de Carballo.  

Xogar na rúa pecha este programa o sábado 7 de xuño, na Praza do Concello entre as 17.00 e as 19.30 horas, a través de 16 actividades, como son mini basket, xadrez, pista americana, hoquei, xogos autóctonos, búfalo mecánico, inchable de Pocoyó, casiña de bolas, atletismo ou capoeira.

OS ALUMN@S DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO DO MES DE MAIO