BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 31 de mayo de 2012

XOGAR NA RÚA 2012


Os  nen@s dos cinco colexios carballeses e do Canosa-Rus de Coristanco están chamados a participar o sábado 2 de Xuño nunha nova edición de Xogar na rúa, a actividade que serve de festa de clausura ás actividades municipais celebradas durante todo o ano.

Este ano na Praza do Concello haberá preto de medio centenar de voluntarios para dirixir aos pequenos por un circuíto dividido en 16 estacións, que van dende o fútbol sala aos obradoiros de chaveiros pasando polo touro mecánico e o xadrez.

Xiria, o Club Ciclista Carballo, Escola Lubiáns, o Artai e a Pena Mediaducia encargaranse da organización xunto ao persoal do Concello, a brigada de Obras, Protección Civil e a Policía Local.

miércoles, 16 de mayo de 2012

DISFRUTAMOS COA ESPELEOLOXÍA

Os alumn@s de sexto curso de Educación Primaria disfrutaron onte dunha divertida sesión de espeleoloxía impartida por dous técnicos da Federación Galega desta modalidade deportiva.


Na primeira parte da sesión, coñecemos os conceptos básicos e os materiais máis elementais utilizados na espeleoloxía.  
Na  parte práctica os nen@s disfrutaron con dúas  técnicas básicas de progresión horizontal e vertical como foron a tirolina e o rapel, poñendo en práctica as súas habilidades.

Esta actividade está  englobada dentro das actividades lúdicas que oferta o programa Xogade( Xogos deportivos galegos en idade escolar), e únese a outras que se levaron a cabo no noso centro durante os dous cursos anteriores como: Taekwondo, Loita Olímpica e Ximnasia Deportiva.

O que pretendo con este tipo de iniciativas e que os nen@s poidan coñecer outro tipo de actividades deportivas distintas ás máis convencionais.

Quero aproveitar para darlle as grazas a Iñaki e Antonio por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos unha actividade tan divertida e descoñecida para tod@s nós.








miércoles, 9 de mayo de 2012

ESPELEOLOXÍA NA ESCOLA


O vindeiro Martes 15 de Maio os alumn@s de 6º curso de Educación Primaria disfrutarán dunha actividade de carácter informativa-divulgativa para coñecer a práctica da espeleoloxía de maneira lúdica e cooperativa.

A actividade será dirixida por dous Técnicos Deportivos   da Escola Galega de Espeleoloxía, que visitarán o noso centro para realizar,dentro do horario escolar, unha exposición multimedia e unha posterior actividade práctica no ximnasio do centro.


"Espeleoloxía na escola" englóbase dentro do programa XOGADE e vai dirixido aos centros de primaria , e ten un carácter eminentemente lúdico.

Os obxectivos da actividade son os seguintes:
  • Coñecer os materiais máis elementais utilizados na  espeleoloxía.
  • Coñecer as técnicas básicas de progresión horizontal.

A sesión formativa constará de dous módulos : o primeiro módulo será unha charla de 60 minutos con proxección, onde se fará un achegamento aos conceptos básicos sobre a espeleoloxía e o seu entorno; o segundo módulo serán prácticas de progesión vertical por corda cunha duración de 90 minutos.


sábado, 5 de mayo de 2012

RESPECTA AS REGRAS NOS XOGOS E NO DEPORTE

Nas  clases de Educación Física estou a falar continuamente cos nen@s do importante que é respectar as regras dun xogo ou deporte para poder practicalo correctamente.

Xa sabedes que para que se poida xogar é necesario que existan unhas regras que nos indican que é o que se pode facer e o que non se debe facer. Se non as respectas o xogo non sae ben e prexudicarache a ti e aos teus compañeiror@s. Non se debe facer trampas.

Así, convídote a que cando practiques un xogo ou deporte o teu comportamento sexa adecuado cara ao compañeir@, rival ou árbitro. A isto chámaselle XOGO LIMPO ou FAIRPLAY.



Para comprendelo mellor podes ver este vídeo que invita á reflexión.


miércoles, 2 de mayo de 2012

ESCOLA PÚBLICA: DE TOD@S, PARA TOD@S. QUE ENSINA A EDUCACIÓN FÍSICA?


Agora máis que nunca que nos recortan o soldo, auméntannos as ratios e a pesar de todo, pretenden que aumente a calidade do ensino (a demagoxia elevada ao máximo expoñente), apetéceme compartir convosco un fantástico vídeo adicado ao profesorado da escola pública  onde testemuñas anónimas explican que é o que aprenderon grazas á escola. Unha auténtica homenaxe a todo o profesorado que, a pesar dos pesares, se deixa a pel cada día para facer posible unha escola mellor e unha sociedade máis educada.


Mestre do Departamento de Educación Física do INEFC de Barcelona

COMO O DEPORTE PODE SER MOTIVO DE SUPERACIÓN DE CALQUERA TIPO DE BARREIRA E DIFICULTADE