BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

miércoles, 20 de diciembre de 2017

BO NADAL E FELICES FESTAS


Quero aproveitar estas datas, para desexarvos un bo Nadal e un deportivo 2018.

Boas festas!

domingo, 17 de diciembre de 2017

PDC. V PEDESTRE DO ANLLÓNS-TROFEO DE NADAL


O vindeiro sábado 30 de decembro celebrarase en Carballo a V Pedestre do Anllóns-Trofeo de Nadal, organizada polo club deportivo Os Muditos xunto coa Federación Galega de Atletismo e a empresa Viraxes.

Anímate e participa!

PDC. INFORMACIÓN SOBRE O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


De cara a ir organizando e planificando o Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, é importante que os nen@s clasificados e as súas familias teñan en conta o seguinte:

* DATA: Sábado 20 de Xaneiro de 2017

* LUGAR: Circuito do parque dos Menhires ( A Coruña). 

* TRASLADO:
Os nen@s  serán trasladados  ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  seu mestre de educación física.

Ao igual que na Fase Local celebrada en Carballo, clasificaranse para o Campionato Provincial, os oito primeiros clasificados de cada categoría e os dous primeiros equipos.

Campionato Provincial celebrarase o sábado 3 de Febreiro, no circuito da praia de Cabio ( A Pobra do Caramiñal)

Se o seu fill@ non pode acudir á proba,comuníquello ao mestre de educación física á volta das vacacións de Nadal. Deste xeito, convocaríase a outro nen@, tendo en conta as clasificacións da Fase Local celebrada en Carballo.

Toda esta información, seralles remitida no mes de Xaneiro.

Moitas grazas pola súa colaboración.

miércoles, 13 de diciembre de 2017

PDC.AS MULLERES CONTAN NO MUNDO DO DEPORTE




Dentro do proxecto que estamos desenvolvendo  no noso centro  " As mulleres contan", desde a área de Educación Física e de Valores sociais e Cívicos, quixemos facer a nosa pequena aportación, dando visibilidade a esas grandes mulleres que xa forman parte da  historia do deporte en moitas e diferentes disciplinas. Non están todas as que son, pero si seleccionamos aquelas cuxas historias, de onte e de hoxe, caláronnos máis.

Día tras día millóns de mulleres no mundo practican deporte, xa sexa por saúde, por superación persoal, como un medio para atoparse e verse mellor fisicamente, para loitar contra a tensión, para compartir un bo intre cos amigos, para competir, para gañar, pola satisfacción simplemente de practicalo... Calquera razón é válida!

Este traballo interdisciplinar foi realizado polo alumnado de 5º e 6º de E.Primaria da asignatura de Valores Sociais e Cívicos, coa inestimable colaboración da nosa mestra de Educación Musical, Nerea.

Moitas grazas a tod@s polo voso traballo e esforzo!