Os alumnos/as de 5º e 6º de E.Primaria comezaron esta semana o IX Torneo de Bádminton da Cristina.
Ao longo das próximas semanas celebraranse todos os partidos durante os recreos.
Moita sorte a todos/as!
Os alumnos/as de 5º e 6º de E.Primaria comezaron esta semana o IX Torneo de Bádminton da Cristina.
Ao longo das próximas semanas celebraranse todos os partidos durante os recreos.
Moita sorte a todos/as!
Remataron as sesións da primeira parte do proxecto " Aprende a través do Surfing", que se desenvolveron no noso colexio ao longo do mércores e xoves desta semana.
Queremos agradecer a Martín e a escola de surf Boaola, a súa absoluta disponibildade e a maneira de transmitir con tanta ilusión e entusiasmo a súa forma de vida.
Moitas grazas!
Un ano máis, o noso centro participará no proxecto"Aprende a través do Surfing".
O luns e o venres terán lugar no recreo as finais da IV Liga escolar de baloncesto 3x3, organizadas polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.
Nela participou o alumnado de 3º ,4º ,5º e 6º de E.Primaria.Marta, Sara, Adrián, Hugo, Gael, Thiago,Álex,Mateo,Enzo, Julia,Luna,Claudia,Ana, Paula,Victoria e Lucía alumnos/as de 2º,3º,5º e 6º de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este próximo venres, no circuito Virxe do Loreto de Porto do Son.
A Cervexería " La Bombonera", sponsorizará un ano máis aos atletas que participarán no Campionato Provincial de campo a través escolar.
Tendo en conta as previsións meteorolóxicas para o vindeiro venres en Porto do Son, os organizadores do Campionato Provincial de campo a través escolar decidiron suspender a proba.
Buscarase unha nova data á volta das vacacións de Semana Santa, da cal vos informarei coa antelación suficiente.
Desculpade as molestias.
A semana pasada o alumnado de 3º de E. Primaria desenvolvou dúas sesións de xogos cooperativos para fomentar a cohesión grupal, o traballo compartido, a empatía e, en definitiva, a inclusión.
· Introducir a este alumno dunha forma dinámica dentro do conxunto da clase.
· Fomentar a integración social a partir da participación nas actividades do grupo clase.
· Adaptar as reglas dos xogos de maneira que sexan válidas para todos/as.
· Favorecer a motivación co fin de que o alumno teña gañas de participar.
Agradecer a colaboración da súa titora Maica, tanto na proposta de actividades, como na súa colaboración e participación. Moitas grazas!