BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 21 de junio de 2018

BO VERÁN A TOD@S!


Finaliza un novo curso no que agardo que disfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a tod@s por visitar o blog.

Vémonos de novo o doce de Setembro para seguir "disfrutando movéndonos".

Un saúdo e bo verán a tod@s.

miércoles, 20 de junio de 2018

PDC. ACROSPORT 6º CURSO DE E.PRIMARIA


Onte pola tarde celebramos un emotivo festival de fin de curso no Pazo da cultura, onde os rapaces de sexto curso quixeron aportar como despedida o seu graniño de area, representando unha coreografía de acrosport.

Quero darlles as grazas e a noraboa a tod@s eles, polo seu esforzo durante todos estes días.O esforzo mereceu a pena!

Tamén, felicitar a nosa mestra de música Nerea, pola súa colaboración no desenvolvemento do Proxecto deportivo de centro ao longo deste curso que estamos a piques de rematar, e sobre todo, pola iniciativa deste festival e polo seu gran traballo na organización deste evento.Noraboa compañeira!

Podedes ver algunhas fotografías do festival neste enlace de La Voz de Galicia-Carballo: FESTIVAL FIN DE CURSO

viernes, 15 de junio de 2018

DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE SEXTO CURSO



Un curso máis, e xa van nove neste colexio, chegou o momento de despedirme dos alumn@s de sexto curso.

Foron sete cursos compartindo con vós moitos momentos,dos que sempre é mellor quedarse cos bos, verdade?

Oxalá alcancedes na vida todos aquelas metas que vos propoñades. Traballade duro, perseguide os vosos soños. Díxenvos moitas veces que o que un consegue con esforzo sabe moito mellor.

Non vos esquezades de poñer o máximo de ilusión en todo aquilo que fagades e sobre todo, comezade cada día con ilusión. 

Ata moi pronto!

jueves, 14 de junio de 2018

PDC. A CRISTINA TERÁ UN ANO MÁIS, UNHA AMPLIA REPRESENTACIÓN NA VIII CARREIRA POPULAR 10K M CONCELLO DE CARBALLO


O noso colexio terá un ano máis, unha nutrida representación na  VIII Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo que se celebrará este próximo domingo.

Agardo que os nen@s disfruten dunha mañá deportiva, na que as rúas de Carballo se convertirán de novo, nunha auténtica festa do atletismo.

 OS HORARIOS DAS PROBAS SON OS SEGUINTES:

10.25: INFANTIL, ALEVÍN.
12.25: BENXAMÍN.
12.40: PITUFOS 2011,2012,2013,2014.

Moita sorte a tod@s!

lunes, 11 de junio de 2018

PDC.ENCARGADOS DOS RECREOS ACTIVOS CURSO 2017/2018

Neste curso que está a punto de rematar, puxemos en marcha unha nova iniciativa englobada no PDC,os "recreos activos", coa idea de mellorar a organización e a convivencia durante os períodos de recreo.

Para organizar as zonas e distribuir o material, contamos coa inestimable axuda de Ivana, Valentín, Sergio, Andrea, Laura, Alexandra e Saray, alumn@s de 6º de E.Primaria.

Por iso, hoxe quixemos ter un detalle de agradecemento con todos eles, e  regalámoslles unha pequena mochila que leva incorporada unha chapa coa mascota de Educación Física do colexio, Plufi.

Moitas grazas polo voso gran traballo!

           Ivana, Valentín,Mateo,Sergio,Andea,Laura,Alexandra e Saray.