BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

sábado, 11 de marzo de 2017

PDC.BRILLANTE PAPEL DE JOSÉ MANUEL NEGREIRA NO CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS


José Manuel Negreira finalizou na décimo sexta posición  no  Campionato Galego escolar de campo a través,acadando a mellor clasificación dun atleta do noso centro, nas tres participacións que tivemos ata o momento no Campionato Autonómico.
José Manuel mantívose durante toda a carreira no grupo de cabeza, realizando unha  carreira de menos a máis.
Hai que destacar que neste Campionato, estaban presentes os sesenta  mellores atletas de categoría alevín de todo Galicia, polo que o posto acadado polo atleta do noso colexio, é moi meritorio.
Noraboa e moitas grazas polo teu esforzo e comportamento!!!
Con este campionato ponse punto final  á temporada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de sobresaínte, xa que, o noso centro estivo presente por terceira vez ,nas catro fases que se organizan na nosa Comunidade.
Quero darlle as grazas a tod@s os nen@s que participaron esta tempada nas distintas Fases, polo seu esforzo e comportamento, e animarvos, a seguir esforzándovos para intentar mellorar día.

martes, 7 de marzo de 2017

PDC. CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS.

José Manuel Negreira Abelenda, alumno de 5º de E.Primaria, representará ao noso centro no Campionato Galego Escolar de campo a través,que se celebrará este vindeiro sábado, no circuito da Madalena de Villalba(Lugo).

Por terceira vez na historia do noso centro,estaremos presentes nun Campionato Galego, as outras dúas foron nos anos 2012 e 2013.

José Manuel chega moi ilusionado á proba despois de acadar a clasificación no Campionato Provincial celebrado na Pobra do Caramiñal, aínda que consciente da dificultade que entraña este reto, xa que, neste Campionato, tomarán parte @s mellores atletas de Galicia.

Moita sorte campión!!!

lunes, 6 de marzo de 2017

PDC.DEPORTES "SAN REMO" E CERVEXERÍA "LA BOMBONERA "SPONSORIZARÁN A JOSÉ MANUEL NEGREIRA NO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

Deportes " San Remo" e Cervexería " La Bombonera", sponsorizarán a José Manuel Negreira no Campionato Galego de campo a través escolar, que se celebrará o próximo sábado na localidade lucense de Villalba.

O atleta do noso centro lucirá unha equipación de atletismo e unhas zapatillas, donadas por estas dúas casas comerciais.

Desde aquí, queremos agradecer a implicación das casas comerciais de Carballo no fomento do deporte de base.

Moitas grazas!