O vindeiro sábado 11 de Febreiro celebrarase no circuito da Praia de CabÍo ( A Pobra do Caramiñal) o Campionato Provincial de campo a través, onde participarán catorce nen@s do noso centro.
Os nen@s participantes serán trasladados ao lugar da proba nun autobús acompañados polo seu mestre de educación física.
A hora prevista da saída desde Carballo será ás 8.15 desde o aparcamento do centro comercial Halley.
Está previsto chegar de volta a Carballo entre as 15.45 e as 16.00 horas ( dependendo de que os horarios das probas non se vexan alterados) ao mesmo lugar da saída.
Os horarios orientativos das probas son os seguintes:
- Entrega de dorsais: 10:45
- Desenvolvemento da proba: 11:15 -13:30
- Entrega de premios: 13:30
Categoría | Distancia aprox. | Saída: |
Benxamín fem. | 700 m | 11:15 |
Alevín mas. | 1600 m | 12:00 |
Infantil masc | 2000 m | 12:30 |
*No transcurso da proba, e na liña de meta, iranse entregando bolsas picnic aos participantes de cada carreira.
RECOMENDACIÓNS :
· PRÉGASE PUNTUALIDADE Á HORA DA SAÍDA E DA CHEGADA DO AUTOBÚS.
· SE AO FINALIZAR A PROBA, O SEU FILL@ NON VAI A REGRESAR NO AUTOBÚS, COMUNÍQUELLO AO MESTRE DE EDUCACIÓN FÍSICA.
· Dado que a proba se desenvolverá sobre un circuito de herba e terra, é recomendable que os nen@s veñan provistos de doble calzado e calcetins( un par de zapatillas deportivas e calcetins para competir, e outro par para poñer unha vez finalizada a proba).O circuito conta cunhas carpas para cambiarse por se algún nen@ quere facer uso das mesmas.
· Os nen@s traerán chandal (o do colexio ou outro) e un anorak para evitar enfriarse durante a espera da súa proba e despois da mesma.
· Participarán coa camiseta técnica do Ceip. A Cristina - La Bombonera que lles facilitará o centro.Aqueles nen@s que queiran utilizar pantalón curto ou mallas deportivas poden facelo.
· Se o seu fill@ está tomando algunha medicación ou ten algún problema físico que detectarán nos últimos días, non esquezan comunicalo.
· Recorden que os obxectivos fundamentais desta proba son os de: fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable;e difundir os valores da competición.
· Os resultados da proba, as fotografías e toda a información da mesma poderán consultalos no blog de educación física do noso centro: “ Disfrutamos movéndonos”.
· Para calquer aclaración ou dúbida, póñanse en contacto con Suso (mestre titular do departamento de educación física do centro)
· De cara a organizar o transporte dos nen@s, é moi importante que entreguen antes do Xoves 9 de Febreiro a autorización que se lles facilitará.
Jesús Manuel Pena Núñez
(Mestre titular do Departamento de Educación Física)