BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

domingo, 5 de febrero de 2012

INFORMACIÓN SOBRE O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS


O vindeiro sábado 11 de Febreiro celebrarase no circuito da Praia de CabÍo ( A Pobra do Caramiñal) o Campionato Provincial de campo a través, onde participarán catorce nen@s  do noso centro.

Os nen@s participantes serán trasladados ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  seu mestre de educación física.

A hora prevista da saída desde Carballo será ás 8.15  desde o aparcamento do centro comercial Halley.

Está previsto chegar  de volta a Carballo entre as  15.45 e as 16.00 horas ( dependendo de que os horarios das probas non se vexan alterados) ao mesmo lugar da saída.

Os horarios orientativos das probas son os seguintes:

  • Entrega de dorsais: 10:45
  • Desenvolvemento da proba: 11:15 -13:30
  • Entrega de premios: 13:30

Categoría
Distancia  aprox.
Saída:
Benxamín fem.
700 m
11:15
Alevín mas.
1600 m
12:00
Infantil masc
2000 m
12:30








*No transcurso da proba, e na liña de meta, iranse entregando bolsas picnic aos participantes de cada carreira.

RECOMENDACIÓNS :

·   PRÉGASE PUNTUALIDADE Á HORA DA SAÍDA E DA CHEGADA DO AUTOBÚS.

·   SE AO FINALIZAR A PROBA, O SEU FILL@ NON VAI A REGRESAR NO AUTOBÚS, COMUNÍQUELLO AO MESTRE DE EDUCACIÓN FÍSICA.

·   Dado que a proba se desenvolverá sobre un circuito de herba e terra, é recomendable que os nen@s veñan provistos de doble calzado e calcetins( un par de zapatillas deportivas e calcetins para competir, e outro par para poñer unha vez finalizada a proba).O circuito conta cunhas carpas para cambiarse por se algún nen@ quere facer uso das mesmas.

·   Os nen@s traerán chandal (o do colexio ou outro) e un anorak   para evitar enfriarse durante a espera da súa proba e despois da mesma.

·   Participarán coa camiseta técnica do Ceip. A Cristina - La Bombonera que lles facilitará o centro.Aqueles nen@s que queiran utilizar pantalón curto ou mallas deportivas poden facelo.


·   Se o seu fill@ está tomando algunha medicación ou ten algún problema físico que detectarán nos últimos días, non esquezan comunicalo.

·   Recorden que os obxectivos fundamentais desta proba son os de: fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable;e difundir os valores da competición.

·   Os resultados da proba, as fotografías e toda a información da mesma poderán consultalos no blog de educación física do noso centro: “ Disfrutamos movéndonos”.

·   Para calquer aclaración ou dúbida, póñanse en contacto con Suso (mestre titular do departamento de educación física do centro)

·    De cara a organizar o transporte dos nen@s, é moi importante que entreguen antes do Xoves 9 de Febreiro a autorización que se lles facilitará.
                                   
Jesús Manuel Pena Núñez
(Mestre titular do Departamento de Educación Física)

No hay comentarios:

Publicar un comentario