BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 25 de abril de 2013

XOGOS TRADICIONAIS 3º CURSO

III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARBALLO


O Concello, a través do organismo autónomo Padroado Deportivo Municipal, organiza a III Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo que terá lugar o domingo 16 de xuño de 2013. Trátase dunha proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA) cunha distancia homologada de 10.000 metros, e baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA. A proba está incluída no calendario do I Circuito Provincial de Carreiras Populares da Coruña da Deputación Provincial, que xunto con Carballo inclúe aos concellos de Ribeira, Ares, Cambre, Mugardos, Ferrol, A Coruña, Santiago, Bertamiráns e Negreira. Colaboran na organización da proba a FGA, a Asociación Deportiva Media Ducia de Carballo, o Colexio Oficial de Fisioterapias de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo. Na III Carreira Popular "10 Km Concello de Carballo", pode participar toda persoa nada nas datas correspondentes por categoría, estea ou non federada, ate un máximo de 1.000 inscritos, con excepción de atletas federados estranxeiros, agás os portugueses que non fosen internacionais co seu país e de todas as participacións que fosen contrarias ás disposicións da FGA. As inscricións son gratuítas e poden realizarse a través da páxina web www.championchipnorte.com, onde pode obterse máis información.

 O prazo para anotarse transcorre entre o martes 23 de abril e o luns 10 de xuño de 2013. 
  
 As formas e lugares de inscrición, ademais de a través de www.championchipnorte.com, son as seguintes: 
 
-Na web www.carballo.org.
-Na web da Federación Galega de Atletismo na ligazón creada ao respecto:         www.atletismogalego.com. 

-Inscrición presencial nas oficinas Carballo Deporte sitas na rúa Corcubión s/n mediante solicitude con Rexistro de Entrada.

Celébranse as seguintes probas para diferentes categorías nos seguintes horarios e distanzas, específicandose os anos de nacemento dos participantes:
  • Benxamín: 2004-2005 / 1.000 m. / 12:05
  • Alevín: 2002-2003 / 1.600 m. / 10:00.
  • Infantil: 2000-2001 / 2.000 m / 10:20
  • Cadete: 1998-1999 / 3.000 m. / 10:45
  • Xuvenil: 1996-1997 / 5.000 m. / 11:10
  • Absoluta: 1994 ata veterán / 10.000 m. / 12:00

lunes, 22 de abril de 2013

IXª CARREIRA POPULAR PEDESTRE -A SILVA 2013-


O clube ATLÉTICA A SILVA, xunto co CONCELLO DE CERCEDA, organizan o vindeiro domingo 28 de abril, de 11 a 13:40 horas, a IXª Carreira Popular Pedestre “A Silva 2013” con saída e chegada no campo da feira de A Silva (a 15 km de Carballo), discurrindo toda por terreo asfaltado.



lunes, 15 de abril de 2013

DEPORTES ALTERNATIVOS E NOVOS DEPORTES

O PARLAMENTO EUROPEO PIDE TRES HORAS SEMANAIS DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA EVITAR A OBESIDADE INFANTIL


Ante os elevados niveis de sobrepeso nos nen@s, o Parlamento Europeo aprobou moi recentemente un informe que reclama a obrigatoriedade da Educación Física (EF) na educación primaria e secundaria. Os deputados propoñen instaurar 3 horas de EF á semana para combater a obesidade infantil que, aseguran, débese máis polo pouco exercicio físico e non tanto por unha dieta rica en calorías. 

 Máis EF nos colexios para combater a obesidade infantil é a medida que propón un informe aprobado  polo Parlamento Europeo con 590 votos a favor, 56 en contra e 21 abstencións. O informe pon de manifesto que a cantidade de nen@s obesos ou con sobrepeso en Europa aumenta en 400.000 menores cada ano e ofrece como solución o incremento das horas de EF e a súa obrigatoriedade en primaria e secundaria.

 E é que na Unión Europea xa padece sobrepeso un de cada catro nen@s, taxa que ascende en España ata o 30% en nen@s con idades comprendidas entre 7 e 11 anos.  O estudo ratifica que a causa da obesidade nos menores non é tanto por unha dieta rica en calorías, senón pola falta de actividade física. 

Os nen@s non comen máis: móvense menos. 

 A media de tempo de EF en primaria diminuíu de 121 a 109 minutos á semana desde 2002. .Mentres que a taxa de obesidade aumenta entre os escolares, o número de horas dedicadas a EF nos colexios diminúe, comenta o eurodiputado e ex campión olímpico Pal Schmitt.

 A Eurocámara subliña que a EF é a única asignatura que prepara aos nen@s para un estilo de vida saudable e céntrase no seu desenvolvemento físico e mental. Segundo Schmitt, " na sociedade actual séntese, cada vez máis, a necesidade de incorporar á cultura e á educación aqueles coñecementos que, relacionados co corpo e a actividade motriz, contribúen ao desenvolvemento persoal e unha mellora na calidade de vida"

. O informe constata que un dos principais problemas é o contido dos programas de EF dos colexios, que resulta pouco atractivo para os nenos e en ocasións é demasiado competitivo. Ademais, o texto alerta da progresiva marxinación do deporte nas escolas, da falta de coordinación entre o que se fai no colexio e a actividade extraescolar ou do escaso financiamento do equipamiento deportivo." Con frecuencia sacrifícase a EF en beneficio doutras asignaturas", lamenta Schmitt. 

Tres horas de EF á semana.  

O interese agora está en analizar que condicións son necesarias para que a EF teña resultados beneficiosos. O informe insta aos Estados Membros a que convertan a EF en obrigatoria para os cursos de primaria e secundaria, así mesmo asegura que os horarios escolares deberían incluír polo menos 3 clases semanais de EF e que se fai necesario un alto grado de integración entre o deporte e as asignaturas académicas.

miércoles, 3 de abril de 2013

XOGAMOS COS DEPORTES ALTERNATIVOS


A unidade didáctica " XOGAMOS COS  DEPORTES ALTERNATIVOS"  está dirixida aos alumnos de 5º e 6º de E.Primaria.

A través  desta unidade didáctica preténdese ofrecer numerosas posibilidades educativas, recreativas, de exercicio e diversión con respecto ás actividades que en ocasións son rutinarias, repetitivas, pouco motivadoras e nada recreativas dos materiais, xogos e deportes convencionais ou tradicionais que adoita practicar o alumnado na área de Educación Física.

Nos seguintes vídeos, podedes ver dous dos moitos deportes alternativos que hai.

O FLOORBALL



O DISCO VOADOR


martes, 2 de abril de 2013

PREMIO LIEBSTER BLOG E PREMIO ONE LOVELY BLOG AWARD

PREMIO LIEBSTER AWARD


PREMIO ONE LOVELY BLOG AWARD


O blog de Eva ,"El rincón de infantil" concedeunos os premios One Lovely Blog Award e Liebster Blog , cuxo obxectivo é dar a coñecer blogs pequenos con menos de 200 seguidores.

Moitísimas grazas Eva!!!