BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 30 de mayo de 2017

PDC. AS PARELLAS FORMADAS POR PABLO&BRIAN E NANA&XURXO, CAMPIONAS DO III TORNEO DE BÁDMINTON DO CEIP A CRISTINA

                                Sarai, Sergio, Brian e Pablo finalistas de 5º E.Primaria

                                         Marieta,Dani, Nana e Xurxo finalistas de 6º E.Primaria

Os trofeos 

As parellas formadas por Pablo&Brian e  Nana&Xurxo, proclamáronse campionas do III Torneo de Bádminton do Ceip A Cristina.

Na final de quinto curso, Pablo e Brian derrotaron na final a parella formada por Sergio Verdía e Sarai, nun disputado partido.

Na final de sexto curso, Nana e Xurxo superaron en dous sets a uns combativos Dani e Marieta.

Noraboa e grazas a tod@s polo voso esforzo e comportamento durante todo o torneo.

Moitas grazas!

domingo, 28 de mayo de 2017

PDC. A NOSA MASCOTA XA TEN NOME, CHÁMASE PLUFI


PLUFI

Noa co  premio do concurso

Foi difícil, máis do que podedes crer, xa que, se valoraron as    sesenta  ideas e nomes propostos, pero finalmente a nosa mascota chamarase  PLUFI.

Noraboa a Noa Pena Vázquez, alumna de 4º curso de E.Primaria por ser a gañadora do concurso.

Moitas grazas ao resto de participantes por achegar as súas boas ideas e dedicar un pouco do seu tempo a darlle vida a este proxecto.

viernes, 26 de mayo de 2017

PDC.RECREOS ACTIVOS. TORNEO DE BÁDMINTON


Xa temos os primeiros finalistas do III Torneo de Bádminton do Ceip A Cristina. 

En sexto curso a final disputarana Nana&Xurxo contra  Daniel&Marieta.

O luns o ximnasio albergará esta gran final, que promete ser moi reñida.

Agardámoste na hora do recreo!

miércoles, 17 de mayo de 2017

PDC. A NOSA MASCOTA BUSCA NOME. ANÍMATE E PARTICIPA !!!

Xa temos mascota activa no centro, pero non ten nome. Anímaste a poñerlle un? Se queres participar neste novo concurso, fala con Suso e explicarache o que tes que facer. O concurso rematará o venres 26 de Maio.O gañador ou gañadora terá un premio sorpresa. 

A que estás esperando? Anímate e participa!



PDC. O PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO XA TEN MASCOTA ACTIVA


Sara coa súa mascota e o premio do concurso

A mascota elaborada por Sara Puga Cabeza, alumna de 6º de E.Primaria, foi a gañadora do concurso da mascota activa do Ceip. A Cristina.

A decisión non foi  doada para os cinco membros da comisión ( integrada polos catro mestres de Educación Plástica e o coordinador do Proxecto deportivo de centro) que valorou os traballos realizados polos nen@s do noso colexio,xa que, na primeira votación houbo un empate entre dúas das nove mascotas finalistas, o que obrigou a facer unha segunda votación, na que a mascota de Sara foi a elexida.

Resultados da 1ª votación

 2 votos

2 votos

1 voto

Resultados da 2ª votación

4 votos

1 voto
Esta mascota será a imaxe e o logotipo do Proxecto Deportivo do noso centro.

Dede aquí quero agradecer o traballo desenvolvido polos catro mestres de Educación Plástica ( Mónica, Rebeca, Nerea e Norberto) nas súas clases, o cal, axudou a que este concurso fose unha realidade.

Moitas grazas a tódol@s nen@s que participaron no concurso polo seu esforzo, e polos excelentes traballos presentados.

Moitas grazas!!!

martes, 16 de mayo de 2017

PDC. RECREOS ACTIVOS.TORNEO DE BÁDMINTON






Xa temos semifinalistas do III Torneo de Bádminton do Ceip A Cristina.
En quinto curso a parella formada por Miguel&Alexandra enfrentarase a SergioVerdía&Saray, buscando un posto na final, na que os agardan a parella formada por Brian&Pablo, que gañaron nunha emocionante semifinal  a Mateo Castro& Sergio Suárez.

En sexto curso as semifinais enfrentarán a Nana&Xurxo contra Alejandra& Martín por unha parte; e a Daniel&Marieta contra Noelia&Gabriel pola outra.

Moita sorte a tod@s!!!

PDC.1ª CARREIRA POLA LINGUA DO CEIP A CRISTINA

 Con motivo da Conmemoración do Día das Letras Galegas, ao longo da mañá de hoxe desenvolveuse na pista polideportiva do noso colexio, a "1ª Carreira pola Lingua do Ceip. A Cristina",na que participou todo o alumnado do centro, para reivindicar a defensa da nosa lingua e fomentar os hábitos saudables.

















domingo, 7 de mayo de 2017

PDC.CONCURSO DE MASCOTA ACTIVA DO CEIP A CRISTINA

Xa temos os finalistas do concurso de mascota activa do noso centro. En breves datas, coñeceremos o gañador/a do mesmo.

Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e esforzo.


PDC.ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE NA CARREIRA 10K DE CARBALLO


Abriuse o prazo de inscrición para participar na VII Carreira popular do Concello de Carballo, a 10K Carballo, que se celebrará o domingo 18 de xuño. 

As inscricións admítense ate o día 15 de xuño de 2017 ou ata acadar as 1250 prazas nas categorías sénior e veteranos, e as 750 no resto de categorías, respectivamente.

Anímate e participa na festa do running de Carballo !!!

A inscrición podes facela clikeando no seguinte enlace: 


PDC.XVI VOLTA CICLISTA Á PROVINCIA DE A CORUÑA. PROMOCIÓN CICLISMO MAIO 2017


A Deputación de A Coruña, aproveitando a celebración da XVI Volta Ciclista á provincia de A Coruña,convida a tódal@s nen@s a probar o deporte da bicicleta.

Poden participar na mesma os nen@s de 7 a 12 anos, que correrán Ginkanas no mesmo lugar da chegada de cada etapa da volta.

A participación é totalmente gratuita.Será precisa a inscrición previa.

A actividade terá lugar en Carballo o 20 de Mayo, entre as 14 e as 17.30 horas aproximadamente.

Se estás interesado en participar,tes ata o día 16 de Mayo para inscribirte.Pídelle o boletín de inscrición ao teu mestre de educación física.

PDC.III TORNEO DE BÁDMINTON A CRISTINA


Os alumnos/as de 3º Ciclo de E.Primaria comezaron este pasado venres, o III Torneo de Bádminton da Cristina. Ao longo destas duas próximas semanas celebraranse os partidos nas clases de educación física e nos recreos.