BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 25 de enero de 2017

PDC.RECREOS ACTIVOS.ADESTRAMOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS


Ola a tod@s!

De cara a preparar o Campionato Provincial  de campo a través que se celebrará o próximo 18 de Febreiro na Pobra do Caramiñal, comezamos hoxe os adestramentos.

Aqueles nen@s que queiran  adestrar voluntariamente, poden achegarse nos recreos ao ximnasio para adestrar, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.

Adestraremos durante catros semanas os Luns, Mércores e Xoves.

sábado, 21 de enero de 2017

PDC.BO PAPEL DOS NO@S ATLETAS NO CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Por sexta participación consecutiva, o noso centro estará presente no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro sábado 18 de Febreiro na Pobra do Caramiñal, sendo o único centro de Carballo que terá representación neste Campionato.

Aínda que todos os nos@s atletas estiveron a un gran nivel, hai que destacar a clasificación individual de José Manuel Negreira (4º) na categoría alevín masculino, para o Campionato Provincial.

O resto dos nen@s que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 4º posto dos equipos benxamín e alevín masculino.

Quero darlle as grazas aos nen@s  polo seu esforzo e comportamento, e as familias, pola súa colaboración durante toda a mañá.

Moitas grazas a tod@s!!!



ATLETAS CLASIFICAD@S PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL 

JOSÉ MANUEL NEGREIRA ABELENDA
 
 José Manuel representará ao noso centro no Campionato Provincial

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA 

lunes, 16 de enero de 2017

PDC.CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


O vindeiro sábado 21 de Xaneiro celebrarase no circuito do parque dos Menhires(A Coruña) Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, onde participarán vinte e cinco alumnos/as do noso centro.

Os nen@s  serán trasladados  ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  seu mestre de educación física.

A hora prevista da saída desde Carballo será ás 8.50 horas desde o aparcamento do centro comercial Bergantiños-Gadis.


Está previsto chegar  de volta a Carballo entre as  13.30 e as 13.45 horas ( dependendo de que os horarios das probas non se vexan alterados) ao mesmo lugar da saída. 

Os horarios orientativos das probas son os seguintes:

9. 45 – Retirada de dorsais

Hora
Categoría
Distancia  aprox.
Voltas
10.30
Benxamín fem.
   2º e 3º E.P
1000 m
SALIDA + CORTE A
10.40
Benxamín mas.
   2º e 3º E.P
1000 m
SALIDA + CORTE A
10.50
Alevín fem.
  4º e 5º E.P
1326 m 
SALIDA  + CORTE B
11.00
Alevín masc.
  4º e 5º E.P
             1760 m                       SALIDA  + CORTE C

PDC.COÑECE O MEU CLUB. ESCOLAS LUIS CALVO SANZ- BERGANTIÑOS F.C


Dentro das actividades do programa Xogade integrado no PDC (Proxecto deportivo de centro), englobado no Plan Proxecta,está a actividade “Coñece o meu club”. 

Esta actividade ten unha dobre intención, por un lado, que os clubs crezan fomentando o deporte de base e por outro, preténdeselles facilitar aos escolares o coñecemento dos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecer- lles unha alternativa de ocupación para o seu tempo de ocio e fomentar a práctica de actividade física da nosa poboación escolar, colaborar na consecución de hábitos cada vez máis activos.

Mañá, visítannos as "Escolas Luis Calvo Sanz" e o Bergantiños F.C para facer unha presentación ao alumnado de 5º e 6º de E.Primaria do seu deporte, explicar o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións...)


miércoles, 11 de enero de 2017

ACROSPORT: 5º E 6 DE E.PRIMARIA

Os alumn@s de 5º e 6º de E.Primaria desenvolveron durante o mes de Decembro, unha unidade didáctica de Acrosport.

Co Acrosport  formamos  figuras e pirámides corporais con acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios como transicións dunhas figuras a outras.

Os elementos de danza, saltos e piruetas ximnásticas como compoñente coreográfico outórganlle a este deporte o seu grao  artístico.

Desde este blog, quero agradecerlle a Daniel, o seu excelente traballo no desenvolvemento desta unidade, e  a reportaxe fotográfica que podedes ver a continuación.

Moitas grazas!



martes, 10 de enero de 2017

PDC.RECREOS ACTIVOS. ADESTRAMOS PARA O CAMPO A TRAVÉS.


Ola a tod@s!
Xa quedan poucos días para que se celebre a Fase Intercomarcal de campo a través, e como todos os anos, aqueles nen@s que queiran preparar voluntariamente a proba, poden achegarse nos recreos ao ximnasio para adestrar, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.

Esta semana adestraremos o xoves. A próxima semana,  o Luns, Mércores e Xoves.

Anímate!