BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

domingo, 16 de diciembre de 2012

BOAS FESTAS !!!!!


Quero aproveitar estas datas, para darvos as grazas a tod@s por alimentar este blog,e sobre todo,aos meus alumn@s por deixarme ensinarvos, pola vosa confianza, pola atención que sempre me prestastes, polo interese co que traballastes, por ser parte das vosas vidas, e por tantas e tantas cousas que durante este ano 2012 vivimos...

Deséxovos un bo Nadal e un deportivo 2013.

martes, 27 de noviembre de 2012

DATAS DAS FASES DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


O Servizo de deportes da Provincia de A Coruña confirmou as datas da celebración das distintas fases de Campo a través.

As datas son as seguintes:

  • 18 de Xaneiro de 2013: proba da comarca de Carballo, na zona Industrial de Carballo.
  • 26 de xaneiro/2013: Fase Intercomarcal Zona Coruña.
  • 2 de febreiro/2013: Fase Provincial.
  • 16 de Febreiro/2013: Fase Galega.
  • Marzo de 2013: Campionato de España.

viernes, 23 de noviembre de 2012

RELAXACIÓNS CON MÚSICA

A Educación Física debe contribuír a potenciar nos nosos alumn@s hábitos e costumes saudables, que deben perdurar ao longo da súa vida. Entre estes hábitos estaría o de coidar do seu propio corpo con fins preventivos e hixiénicos.

Coñecer, por tanto, técnicas de relaxación que contribúan ao coidado e prevención de posibles enfermidades convértese nunha estratexia válida para esta finalidade. Saber dedicar ao corpo o tempo que necesita, apreciando os sons que nos rodean e valorando a música como medio de exploración e desfrute, contribuirá a manter o delicado equilibrio entre actividade e relaxación para evitar posibles situacións de estrés.

Malia que os Mestres de Educación Física non somos especialistas en música, debemos considerar todas as posibilidades que poidamos encontrarnos nos centros onde realicemos o noso labor docente, para poder poñer en práctica cos nosos alumn@s este tipo de actividades.



jueves, 22 de noviembre de 2012

DATAS PARA AS FASES DE CAMPO A TRAVÉS


Tras a conversación mantida no día de hoxe co técnico de deportes do concello de Carballo,Manuel Bardanca, pódovos adiantar que posiblemente, as Fases Local e Intercomarcal de campo a través, celebraranse no mes de Xaneiro do próximo ano 2013.

Cando dispoña de máis información sobre as dúas competicións publicareina no blog.

lunes, 12 de noviembre de 2012

GRAN PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA VIII CARREIRA POPULAR DA SILVA

Os  atletas do noso colexio iniciaron a nova tempada de atletismo, realizando un gran papel na VIII Carreira popular " A Silva " que se celebrou o pasado sábado.

Aínda que tod@s estiveron a un gran nivel, hai que destacar  o segundo e terceiro posto de Yonatan Lema e Jonathan Lage na categoría infantil, e o terceiro posto de David Pandelo na categoría benxamín.
Noraboa a tod@s!!!!!


 Esteban, Jonathan Lage, Yonatan Lema e Roi participaron na categoría infantil


 Yonatan Lema e Jonathan Lage remataron na segunda e terceira posición da categoría infantil


David Pandelo rematou na terceira posición da categoría benxamín


María Serra, Kevin Teijeiro e Andrés Lage  tiveron un papel destacado na categoría alevín.

MELLORAS NO XIMNASIO DO COLEXIO

A brigada de obras do concello de Carballo está a realizar unha serie de obras no ximnasio do colexio, coa intención de emendar os problemas de humidade que presenta este.

Dende o departamento de educación física do centro quero agradecer ao Concello de Carballo, e en especial á brigada de obras, o traballo que está a realizar e que permitirá que gocemos dunhas mellores condicións para desenvolver as nosas sesións diarias.

Moitas grazas.
 
 

 
 

jueves, 8 de noviembre de 2012

AS COMPETENCIAS DO PROFESOR DE EDUCACIÓN FÍSICA


 

Esta obra constitúe unha interesante e nova proposta para a mellora da práctica diaria do docente de Educación Física.
 
Os rápidos e constantes cambios na sociedade precisan unha Educación Física eficaz que dea respostas adecuadas ás novas demandas que se lle esixen. Conscientes diso e da importancia que ten a materia para a educación dos escolares, os autores das competencias do profesor de Educación Física presentan as claves para chegar a ser un docente de educación física competente.

A obra recolle, desde unha ampla perspectiva, reflexións e propostas prácticas acerca de cales son as competencias que caracterizan a un bo docente de Educación Física na actualidade. Así, debúllanse aspectos referidos á organización e animación de situacións didácticas, á organización da materia desde unha perspectiva inclusiva, a como favorecer a progresión das aprendizaxes, ou á implicación dos alumnos e dos seus pais no proceso de aprendizaxe.

Nas competencias do profesor de Educación Física analízanse cales son as competencias que todo bo docente debe posuír para implementar unha Educación Física eficaz, entendida esta como a capacidade que ten a disciplina para responder aos grandes desafíos da infancia e a mocidade.

lunes, 29 de octubre de 2012

ADHESIVOS DE CORES PARA MOTIVAR AOS MÁIS PEQUENOS


Como calquera mestre  sabe, manter o control dunha clase pode ser un traballo moi difícil.

Os nen@s a estas idades aínda están aprendendo a obediencia e as habilidades sociais polo que é necesario implementar algún tipo de plan que fomente e recompense o bo comportamento, ensinándolles como deben actuar nas nosas clases.

Para intentar mellorar o desenvolvemento e a optimización das sesións  de psicomotricidade cos alumn@s de educación infantil, acabo de implantar un programa de remuneración de adhesivos de cores para que todos os nen@s  traballen cara a un obxectivo común, e que teñan unha recompensa da que se sintan orgullosos ao rematar as sesións.

 @s nen@s pequen@s son moito máis capaces de entender as recompensas tanxibles, como un adhesivo, que algo intanxible como unha simple palabra. Tamén se lles dá algo comprensible para traballar en pro, xa que, mentres que o mestre pode rexistrar as metas de aprendizaxe, os nen@s pequen@s en particular,  necesitan algo visual ou fisicamente realizable.

VARIOS ATLETAS DO NOSO CENTRO PARTICIPARÁN NA VIII CARREIRA POPULAR PEDESTRE " A SILVA 2012"



O clube ATLÉTICA A SILVA, xunto co CONCELLO DE CERCEDA, organizan o sábado 10 de novembro, de 16 a 19 horas, a VIII Carreira Popular Pedestre "A Silva 2012" con saída e chegada no campo da feira de A Silva (a 15 Km de Carballo), discurrindo toda por terreo asfaltado.

Varios nen@s do noso centro participarán nesta carreira que serve como punto de partida da tempada de atletismo.

Podedes consultar toda a información sobre a proba no seguinte enlace:

jueves, 18 de octubre de 2012

" MÓVETE +"

 
 
 
Os alumn@s do noso centro participarán este curso na actividade “Móvete +”,  dirixida a todos os escolares de Galicia e que se enmarca dentro do programa Xogade. Trátase de promover a atividade física a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar máis cantidade de exercicio físico para achegarnos ao que recomenda a OMS.

Baseado nunha composición musical e coreográfica orixinal, Móvete é o novo himno do Plan Galicia Saudable (http://galiciasaudable.xunta.es) que ten como obxectivo difundir entre a comunidade educativa e, por extensión, á sociedade galega, os principais valores do Plan Galicia Saudable. A acción desenvolverase nos tempos de lecer dos escolares, como recreos ou outros coma o as clases de educación física.

A actividade contempla unha serie de dinámicas propias na procura dunha maior adherencia das nenas e nenos tales como: concursos de producción musical e composición coreográfica, participación nunca rodaxe dun videoclip, eventos populares, e outros.

lunes, 15 de octubre de 2012

O CEIP A CRISTINA FOI ADMITIDO NO PROGRAMA XOGADE 2012-2013


O noso centro foi admitido no Programa Xogade para o curso 2012-2013.

O programa Xogade pretende que a actividade física chegue a ser un hábito na nosa poboación e por iso é clave a súa práctica desde a infancia nos ámbitos educativo e familiar, fundamental para o futuro estilo de vida e a consolidación de hábitos físico-deportivos saudables.

Entre os obxectivos do Plan están:
  1.  Incrementar a participación nas diferentes modalidades deportivas.
  2. Beneficiarse do gran potencial educativo e formativo que aporta a práctica deportiva.
  3. Impulsar a función integradora e de cohesión social do deporte.
  4. Manter e mellorar o estado de saúde a través da adquisición de hábitos de vida activos.
  5. Permitir a aprendizaxe dos conceptos técnicos e tácticos das diferentes modalidades deportivas.
  6. Transmitir hábitos, actitudes e valores como a tolerancia, o respecto, o esforzo, ou a cooperación.
  7. Potenciar o Xogo Limpo e a deportividade.
  8. Fomentar as relacións entre as diferentes pezas do engrenaxe deportivo como os clubs, agrupacións deportivas escolares e federacións cos centros escolares. 

martes, 18 de septiembre de 2012

XOGADE 2012-2013

 
 
O noso centro participará de novo  neste curso 2012-2013 no programa XOGADE ( XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS EN IDADE ESCOLAR)
 
O programa  divídese en tres grandes grupos: a actividade deportiva ou competitiva, a actividade lúdica  e as actividades paralelas.
 
A actividade lúdica preséntase este curso con dúas novidades (colombofilia e esgrima) que amplían a súa oferta a 14: bádminton, baile deportivo, béisbol e sófbol, judo, loita olímpica, orientación, rugby, taekwondo, triatlón, voleibol, xadrez e ximnasia.
 
 


miércoles, 12 de septiembre de 2012

UNIDADES DE TRABALLO CURSO 2012-2013


EDUCACIÓN INFANTIL

1
COÑECEMOS O NOSO CORPO
          2
MOVÉMONOS NO PATIO
          3
XOGAMOS COS OBXECTOS
4
CONSTRUIMOS FIGURAS
          5
CALCULAMOS DISTANCIAS
6
ORIENTÁMONOS NO ESPAZO
7
SABEMOS XOGAR LENTO-RÁPIDO?
8
O NOSO CORPO  EXPRÉSASE.




1º CICLO: Primeiro e Segundo curso




1º TRIMESTRE

1
COMEZAMOS O PRIMEIRO E O  SEGUNDO CURSO.

2
COÑEZO E CONTROLO O MEU CORPO
        3
ESQUEMA CORPORAL
4
DESENVOLVEMENTO SENSORIAL

5
ACTITUDE, RESPIRACIÓN E RELAXACIÓN


2º TRIMESTRE

6
EQUILIBRIO ESTÁTICO E DINÁMICO
7
ORIENTACIÓN ESPACIAL
8
PERCEPCIÓN ESPACIO-TEMPORAL
9
EXPRESIÓN CORPORAL


3º TRIMESTRE
10
COORDINACIÓN ÓCULO- MANUAL
11
COORDINACIÓN DINÁMICO-XERAL

12
ACTIVIDADES NA NATUREZA E NO  PATIO


 2º CICLO: Terceiro e Cuarto curso



         1º TRIMESTRE

1
COMEZAMOS O TERCEIRO E CUARTO  CURSO.
2
ESQUEMA CORPORAL
3
PERCEPCIÓN ESPACIAL
4
PERCEPCIÓN TEMPORAL E RITMO
5
EQUILIBRIOS


2º TRIMESTRE

6
DESPRAZAMENTOS
7
SALTOS
8
XIROS

9
LANZAMENTOS, RECEPCIÓNS E GOLPEOS


3º TRIMESTRE

    10
EXPRESIÓN CORPORAL

11
XOGOS POPULARES,TRADICIONAIS E COOPERATIVOS
12
ACTIVIDADES NA NATUREZA E O PATIO



3º CICLO: Quinto e Sexto curso



         1º TRIMESTRE

1
COMEZAMOS O QUINTO E SEXTO  CURSO
2
CONDICIÓN FÍSICA
3
HIXIENE E SAÚDE
4
COORDINACIÓNS
5
XIMNASIA


2º TRIMESTRE


6
INICIACIÓN AO BALONMÁN E BALONCESTO

7
INICIACIÓN AO VOLEIBOL E FÚTBOL.
8
NOVOS DEPORTES: BÁDMINTON E FLOORBALL.

9
DEPORTES ALTERNATIVOS: COLPBOL,FRISBEE, INDIACA, ,BÉISBOL, PRERUGBY


3º TRIMESTRE


10
INICIACIÓN AO ATLETISMO..

11
EXPRESIÓN CORPORAL: ACROSPORT
12
ACTIVIDADES NA NATUREZA E O PATIO