BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

viernes, 29 de junio de 2012

GRAZAS POR AXUDAR A CONSTRUIR ESTE PROXECTO


Dende que comecei a traballar nesta nova aventura na rede, alá polo mes de outubro do 2011, coa intención, de ir reflectindo todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física e descubrir o interese por este proxecto onde as novas tecnoloxías estiveron presentes nas sesións de Educación Física, non podía imaxinar que no mes de Xuño xa se terían logrado preto de 7.000 visitas.

Quero aproveitar para agradecervos a todos /as os que  fixestes que isto fose posible coas vosas visitas e comentarios.


SÓ PODO DAR AS GRAZAS POR SEGUIR CRECENDO E CONSTRUÍNDO ESTE PROXECTO ENTRE TOD@S (GRAZAS AOS QUE ME ANIMAN CONSTANTEMENTE)


Un saúdo e bo verán.


sábado, 23 de junio de 2012

MOITAS GRAZAS!





Grazas pola sorpresa que me destes onte os nen@s de 5º e 6º de E. Primaria. Emocioneime moito,e por iso, quero aproveitar para agradecervos a tod@s  o detalle, o cal, non esquecerei.

Agardo que teñades unhas moi boas vacacións e que no vindeiro curso podamos seguir " Disfrutando movéndonos".

GRAZASSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS!!!!!!

miércoles, 20 de junio de 2012

DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE 6º CURSO. ATA SEMPRE!

O venres despedídesvos do que foi o voso colexio durante nove anos para iniciar unha nova etapa. As experiencias vividas nestes anos seguro que vos enchen de entusiasmo para seguir adiante. Aquí comprendestes o verdadeiro significado da amizade, da unión, da solidariedade, da alegría, da confianza e outras cousas máis.

Aínda non se borra da miña memoria aquel primeiro día de clase convosco. Era un día de setembro do ano 2009, cada un cos seus sonos baixo o brazo, cos seus medos e pensamentos... Todo era novo, todo era un desafío. Dende ese primeiro día compartimos momentos que nos foron achegando, xogos, risas,etc… Logramos construir un gran grupo do que me sinto moi orgulloso.

Agora iniciades unha nova etapa da vosa vida, unha etapa, na que a ilusión debe ser o máis importante. Nela non ides camiñar sós, teredes o noso apoio e o dos vosos pais para que sexa igual de inesquecible que esta.

Que non se vos esquezan o diálogo, a humildade, a sinceridade, o entusiasmo e a constancia.

Permítome, chegados a este punto, darvos un consello para o voso futuro: utilizade sempre estes valores nas vosas actuacións e asegúrovos que poderedes alcanzar calquera meta que vos propoñades.

Por último, non me gustaría rematar, sen agradecer á vosa titora Marisa todo o que fixo por vós este ano. E dicirvos a vós, que sodes moi especiais, divertidos, participativos e disciplinados; calidades que fixeron que me sentise moi a gusto convosco.

Foi un pracer compartir convosco estes tres cursos, que sinceramente non esquecerei, paseimo xenial. Espero que non sexa un adeus senón un ata sempre, que saibades que aquí deixades un amigo, sempre disposto a escoitarvos e axudarvos.

Moitas grazas a tod@s.

Déixovos as fotos da busca do tesouro que realizamos a semana pasada como despedida.


DESLIZÁMONOS SOBRE RODAS . 2ª PARTE

Os alumn@s de  1º ciclo de E.Primaria( 1º e 2º) desenvolveron a semana pasada  unha sesión de patinaxe na que puxeron en práctica moitos contidos traballados ao longo deste curso.




lunes, 11 de junio de 2012

A CRISTINA ESTARÁ PRESENTE NA " II CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARBALLO "

 

Trinta e tres corredores representarán ao noso colexio na " II Carreira popular concello de Carballo" que se celebrará o próximo domingo 17 de Xuño.

Por segundo ano consecutivo, o noso centro, participará nesta proba cun nutrido grupo de corredores que seguramente nos darán algunha alegría.

Os horarios e as distancias  das probas son os seguintes:

Alevín ( Masculino- Feminino):     1.600 m.     10:00 h.
Infantil( Masculino-Feminino):      2.000 m.     10:30 h.
Veteráns( Masculino-Feminino):  10.000 m     12 h.

 Circuito para categoría Infantil.Percorrerán unha distanza de 2 KM en 2 voltas ó seguinte circuito: Rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela.

 Circutito para categoría Alevín. Percorrerán unha distanza de 1.600 metros en 2 voltas ó seguite circuito: Rúa Gran Vía, Rosalía de Castro, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela.



viernes, 8 de junio de 2012

DESLIZÁMONOS SOBRE RODAS. 1ª PARTE

Os alumn@s de 2º ciclo de E.Primaria( 3º e 4º) realizaron durante esta semana unhas sesións de patinaxe na que puxeron en práctica moitos contidos traballados ao longo deste curso.

Mediante a patinaxe os nen@s experimentan outro tipo de utilización dos espazos de acción.

É un excelente medio de xogar, de capacitarse, de mellorar unha calidade motora tan importante como o Equilibrio, e neste caso concreto o equilibrio en acción, móbil.

A aprendizaxe e a capacitación nesta actividade de locomoción pode crear nos alumn@s unha actitude positiva cara  ela, podendo resultar nunha aplicación desta no tempo libre e mesmo espertar o interese ou transferencias a outros deportes ou modalidades de patinaxe e deslizamento, tales como o hoquei a patíns, a patinaxe artística, o roller ou o skateboard.

Todo elo,unido ao exercicio que se realiza, á diversión que leva consigo a súa práctica, creo que xustifica de sobra realizar unha iniciación como deporte alternativo dende a área de educación física.