BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 22 de diciembre de 2022

BOAS FESTAS A TODOS/AS!

Quero aproveitar estas datas, para desexarvos un bo Nadal e un deportivo 2023.

Boas festas a todos/as!

miércoles, 21 de diciembre de 2022

CLASIFICADOS/AS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións da Fase Local de campo a través celebrada onte, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que, vinte  e seis nenos/as do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Intercomarcal de campo a través, que se celebrará o sábado 14 de Xaneiro do 2023, no circuito do parque  de Acea da Má( Culleredo)

Ás cinco medallas colleitadas, e á clasificación de dúas atletas de maneira individual, hai que destacar que a nivel de equipos os resultados foron moi bos , xa que, acadamos dous primeiros e dous segundos postos.

Noraboa a todos/as!

RELACIÓN DE ATLETAS CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL 

CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL

                    UXÍA PEREIRO MÉNDEZ  (4ª Infantil feminino)

NURIA CASTRO GARCÍA ( 6ª Infantil feminino) 

CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS

BENXAMÍN MASCULINO 1º CLASIFICADO

GAEL MÉNDEZ ABELENDA

HUGO CASTRO LADO

XURXO PEREIRO MÉNDEZ

XIÁN ROMERO VARELA

XAVI SOLÉ RODRÍGUEZ

MANUEL ALLONES CASTRO

BENXAMÍN FEMININO 2º CLASIFICADO

NOA LEMA FERNÁNDEZ

MARA GARCÍA SUÁREZ

NOA OTERO MELLA

MARTINA RODRÍGUEZ TORRADO

MARTINA LAVANDEIRA POSE

KHAOULA JOUHARI

ALEVÍN FEMININO 2º CLASIFICADO

JULIA GARCÍA REMUIÑAN

PAULA BOLÓN COTELO

CARLA TRIGO MATO

LUNA LORENZOANTELO

VICTORIA RAMOS VARELA

LUCÍA LOIS COUSILLAS

INFANTIL MASCULINO 1º CLASIFICADO

HUGO GARCÍA REMUIÑAN

ROMÁN RAMA MARTÍNEZ

NICOLÁS LEMA FERNÁNDEZ

MAURO FILGUEIRA QUEIRO

RODRIGO RAMA MALLO

MANUEL POMBO MIRA

martes, 20 de diciembre de 2022

DESTACADO PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Despois de dous anos de parón pola pandemia, hoxe celebrouse de novo a Fase local de campo a través escolar, onde un ano máis, os nosos/as atletas tiveron un destacado  papel na proba celebrada no circuito permanente do polígono industrial de Carballo.

O noso centro estivo representado por 99 nenos/as das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.

Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Noa Lema, Gael Méndez e Hugo García; e as  de prata de Julia García e Hugo Castro.

A todo isto, hai que añadir a clasificación individual de moitos nenos/as e  posiblemente  dalgún equipo, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o  sábado 14 de Xaneiro do 2023 no circuito Acea da Má ( Culleredo).
    
Quero aproveitar esta entrada, para dar as grazas  ás mestras  Marta, Sonia e Lucía, polo seu excelente traballo e colaboración no desenvolvemento da xornada de hoxe. Moitas grazas!

Tampouco me quero olvidar do excelente comportamento dos nenos/as, e do apoio incondicional de todos os pais e nais que se achegaron ata o circuito para animar aos nenos/as.
 
Moitas Grazas! 

Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!!
 
EQUIPO INFANTIL MASCULINO

EQUIPO INFANTIL FEMININO
 
EQUIPO ALEVÍN FEMININO
 
EQUIPO ALEVÍN MASCULINO


EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO

EQUIPO BENXAMÍN FEMININO

GAEL E HUGO, PRIMEIRO E SEGUNDO CLASIFICADO 
BENXAMÍN MASCULINO
 
 
NOA LEMA PRIMEIRA  CLASIFICADA
BENXAMÍN FEMININO 
 
JULIA GARCÍA SEGUNDA  CLASIFICADA
ALEVÍN FEMININO 
 
 
HUGO GARCÍA PRIMEIRO CLASIFICADO INFANTIL 
MASCULINO  
 

lunes, 19 de diciembre de 2022

FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 99 atletas do noso centro,os que participarán mañá martes 20 de decembro( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba.

Esta actividade forma parte do Programa Xogade.

As probas desenvolveranse no circuito permanente do polígono industrial de Craballo.

Os horarios das probas serán  os seguintes:

11.00:  Infantil masculino ( 6º E.Primaria)
11.15:  Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.30:  Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.45:  Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 
12.00:  Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 
12.15:  Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria) 

Moita sorte a tod@s!