BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

viernes, 17 de marzo de 2023

SOBRESAÍNTE PAPEL DA CRISTINA NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR



Os trece atletas que representaron ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar celebrado esta mañá no circuito do club de campo de Ferrol ,tiveron unha sobresaínte actuación.

A nivel individual e por equipos os resultados foron  os seguintes:


NOA  MEDALLA DE BRONCE
BENXAMÍN FEMININO


JULIA  MEDALLA DE BRONCE
BENXAMÍN FEMININO


EQUIPO INFANTIL MASCULINO
SUBCAMPIÓN PROVINCIAL 


                                          EQUIPO INFANTIL MASCULINO
(ROMÁN,MANUEL,RODRIGO,NICOLÁS,MAURO E HUGO)


NURIA INFANTIL FEMININO


                                           LUNA E JULIA  ALEVÍN FEMININO


                                        MARA  E NOA  BENXAMÍN FEMININO


XURXO E HUGO BENXAMÍN MASCULINO

Con este campionato ponse punto final  á tempada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de sobresaínte, xa que, o noso centro estivo presente por décima vez consecutiva no Campionato Provincial.

Quero darlle as grazas a todos/as os nenos/as que participaron esta tempada nas distintas Fases, polo seu esforzo e comportamento, e animarvos, a seguir esforzándovos para intentar mellorar cada día.

Noraboa e moitas grazas a todos polo voso esforzo e comportamento !

Agradecer tamén ás familias, a súa inestimable colaboración durante toda a mañá.

Moitas grazas a todos/as!

miércoles, 15 de marzo de 2023

CERVEXERÍA " LA BOMBONERA" SPONSORIZARÁ AOS NOSOS/AS ATLETAS NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


A Cervexería " La Bombonera", sponsorizará un ano máis aos atletas  que participarán este venres  no Campionato Provincial  de campo a través escolar.

Os nosos atletas lucirán unhas camisetas doadas por este establecemento de hostalería.

Desde aquí, queremos agradecer a súa implicación no fomento do deporte de base.

Moitas grazas!
 


 

martes, 14 de marzo de 2023

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Hugo Castro,Noa Lema, Mara García,Xurxo Pereiro,Julia García,Luna Lorenzo,Nuria Castro,Hugo García,Nicolás Lema, Mauro Filgueira, Román Rama, Rodrigo Rama e Manuel Pombo, alumnos/as de 2º,3º,4º e 6º de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este próximo venres, no circuito do club de campo de Ferrol.

Todos/as chegan moi ilusionados á proba, aínda que conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte os mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.

Moita sorte a todos/as!!!