BENVIDA
Ola a tod@s!
Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .
" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...
Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".
Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .
" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...
Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".
sábado, 21 de diciembre de 2013
lunes, 16 de diciembre de 2013
CARREIRA PEDESTRE DO ANLLÓNS- TROFEO DE NADAL.
O vindeiro sábado 28 de Decembro celebrarase en Carballo, a Carreira Pedestre do Anllóns- Trofeo de Nadal.
Se estás interesad@ en participar, pincha nos seguintes enlaces, onde poderás consultar toda a información sobre a proba: horarios, categorías, inscricións.etc...
Anímate!
viernes, 13 de diciembre de 2013
INFORMACIÓN SOBRE A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS
O vindeiro 17 de Xaneiro celebrarase no Polígono Industrial de Bértoa( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan),a Fase Local de Campo a través,na cal, participarán os alumn@s do noso centro.
Á volta das vacacións de Nadal colgarei no blog, toda a información relativa a esta proba.
Polo tanto xa sabedes, non abusedes do turrón, e aproveitade as vacacións para non perder a forma.
ORIENTÁMONOS NO NOSO ENTORNO.
Os alumn@s de sexto de E.Primaria, disfrutaron dunha sesión de iniciación a orientación, impartida por Iván Mera, técnico da Federación Galega desta modalidade deportiva.
Aproveitando o parque e o paseo do río Anllóns que temos a carón do noso centro, os nen@s pasaron unha mañá moi entretenida, onde moitos quedaron sorprendidos coa súa capacidade para poder interpretar un plano e orientarse nun entorno diferente ao habitual.
Esta actividade está incluida na oferta de actividades lúdicas do programa Xogade, englobado no Plan Proxecta, no que o noso centro leva participando dende hai cinco cursos.
Na actualidade, as carreiras de orientación son unha alternativa máis para que os nen@s se poidan enganchar ao mundo da actividade físico-deportiva. A orientación é un deporte completo que está en continuo crecemento en España, con cada vez máis clubs de orientación e probas distribuídas por todo o territorio nacional. O auxe desta disciplina débese aos moitos beneficios derivados da súa práctica como poden ser:
- O desenvolvemento da condición física dos nen@s (en especial a resistencia aeróbica) dunha forma divertida. Desviar a atención da actividade física que estamos a realizar (correr por terreos diversos durante unha ou dúas horas) interpretando un mapa, buscando balizas e intentado facelo no menor tempo posible é algo difícil de encontrar no resto de disciplinas deportivas.
- É totalmente afeccionado. Se ben existen corredores federados, o espírito destas probas escápase dos habituais valores negativos que leva consigo o deporte. Ademais os vínculos afectivos que se dan entre os participantes permiten ampliar o noso círculo de relacións sociais.
- Desenvolve continuamente as capacidades cognitivas do participante xa que este debe estar continuamente interpretando os elementos do mapa (escala, curvas de nivel, construcións, ríos, tipos de bosque segundo cores...). Tamén en certas ocasións debe manexar o compás, aínda que en planos con moito detalle non adoita ser necesario.
Para rematar,quería aproveitar esta entrada, para agradecerlle a Iván Mera, a súa profesionalidade tanto na organización da actividade como no seu desenvolvemento.
Moitas grazas!!!!
Moitas grazas!!!!
A continuación, podedes ver algunhas fotografías da actividade que desenvolveron os nosos alumn@s.
martes, 10 de diciembre de 2013
lunes, 2 de diciembre de 2013
viernes, 29 de noviembre de 2013
ORIENTACIÓN NA ESCOLA
Os alumn@s de 6º de E.Primaria desenvolverán unha sesión de iniciación á Orientación o vindeiro 12 ou 19 de Decembro( dependendo das condicións metereolóxicas). A sesión será impartida por Iván Mera, técnico da federación de orientación.
EN QUE CONSISTE A ACTIVIDADE?
É unha actividade de introdución a disciplina de
Orientación deseñada exclusivamente para o alumnado de centros escolares de
primaria ou secundaria.
Será
dirixida por técnicos da federación, que visitarán o centro na data convida
para realizar, ao longo dunha mañá e dentro do horario escolar, actividades
lúdicas de iniciación que faciliten a inmersión dos escolares nesta modalidade deportiva
de maneira lúdica e cooperativa.
OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE:
•Ofrecerlles
aos escolares unha alternativa máis para o uso e gozo do seu tempo libre.
•Desenvolver
diferentes aprendizaxes que poidan extrapolarse posteriormente para poder ser
empregadas en diferentes situacións cotiás.
•Concienciar
os escolares na necesidade de coidar e manter os espazos naturais.
•Fomentar a
colaboración entre os participantes e a capacidade de traballo en grupo.
•Aprender a
interpretar diferentes tipos de planos.
•Saber
manexar un compás.
•Coñecer as
técnicas para trazados de rumbos.
CONTIDOS:
Dentro desta
actividade de iniciación traballaranse os seguintes contidos:
•Interpretación
dun plano.
•Manexo do
compás.
•Trazado dun
rumbo.
•Manexo de
material específico (fichas técnicas ....).
•As balizas.
•As pinzas.
•Adaptación
ao medio.
lunes, 18 de noviembre de 2013
A IMPORTANCIA DA ACTIVIDADE FÍSICA
Este vídeo reflexa a importancia que ten a actividade física na nosa vida diaria, facéndose a seguinte pregunta: Que pasaría se os animais da selva estivesen obesos? Unha imaxe vale máis que mil palabras.
viernes, 15 de noviembre de 2013
jueves, 14 de noviembre de 2013
OS DE 6º XOGAN CO BASKET XIRIA
Durante esta semana, Iván Latasa, técnico do Basket Xiria,impartiu aos alumn@s de 4º,5º e 6º de E.Primaria, unhas sesións de iniciación ao baloncesto,nas que, os rapaces disfrutaron coñecendo esta modalidade deportiva.
Quero agradecerlle a Iván , a súa disponibilidade e bo facer cos rapaces, os cales, quedaron moi contentos coa súa visita.
Moitas grazas!!!
martes, 12 de noviembre de 2013
lunes, 11 de noviembre de 2013
jueves, 7 de noviembre de 2013
O HOQUEI CLUB LICEO INVÍTANOS A PRESENCIAR OS SEUS PARTIDOS.
O hoquei club Liceo de A Coruña, no seu afán de promocionar o hoquei a patíns, facilítanos desde hai dúas semanas, entradas para presenciar os seus partidos.
O vindeiro sábado 9 de novembro, ás 19 horas, enfrontarase ao Amatori Lodi de Italia na competición europea.
Anímate e disfruta do hoquei!!!!
lunes, 4 de noviembre de 2013
XOGAMOS CO BASKET XIRIA
Os técnicos do Carballo Basket visitarán a vindeira semana o noso centro, para facer unha presentación do baloncesto e explicar o funcionamento e organización do seu club.
Ademais, achegarán aos alumn@s de 4º,5º e 6º de E.Primaria, un dos recursos deportivos dispoñibles da nosa localidade, e ofreceranlles unha alternativa de ocupación para o su tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables, conseguindo deste xeito, hábitos cada vez máis activos e saudables.
jueves, 31 de octubre de 2013
miércoles, 30 de octubre de 2013
XOGO DE PISTAS DO MAGOSTO
Aproveitando que hoxe celebramos o Magosto no noso centro, os alumn@s de 3º Ciclo fixeron un xogo de pistas relacionado que, do mesmo xeito que nos permitiu realizar unha actividade física ( na que se incluiron aspectos como a cooperación, a iniciación na orientación,etc ... ), tamén abordou a tradición popular galega.
Houbo dous tipos de probas: as de resolver pensando, que se realizaron por grupos no lugar concreto que se lles indiquei, e as de busca, que realizaron por todo o recinto escolar.
O resultado podédelo ver nas seguintes imaxes.
miércoles, 9 de octubre de 2013
ATLETISMO CARBALLO
“ATLETISMO
CARBALLO” créase para dar saída a tódalas persoas, nen@s e adultos, que queiran
aprender e practicar este deporte, dun xeito multidisciplinar.
O Atletismo non é só correr, como a maior parte da xente cre. Ademais das carreiras de resistencia (as máis coñecidas) e as de velocidade, tamén existen outras disciplinas como os saltos (de altura, de lonxitude, con pértega,
triplo salto), ou como os lanzamentos
(de xavelina, peso, martelo, disco), ou como as probas combinadas, onde se fai un pouco de todo o anterior.
Grazas a todas estas
disciplinas , calquera persoa pode encontrar a proba axeitada as súas
características. Por exemplo, para lanzar xavelina non fai falta ter moita
forza nos brazos senón nas pernas e ademais, ser flexible; ou para saltar
lonxitude fai falta correr moi rápido poucos metros e logo saltar enriba dun
lugar con area, o máis adiante posible. Polo tanto, non importa si tes máis ou
menos peso, ou si tes máis ou menos resistencia, en ATLETISMO CARBALLO, ensinarémoste tódalas disciplinas e co tempo,
buscarémoste a túa especialidade, axeitada as túas posibilidades. As clases
impartiranse polos adestradores de Atlética A Silva de Cerceda, que tan
bos resultados acadaron nos últimos 8 anos, tanto a nivel galego coma
nacional. Iso si, sempre educando con
espíritu de equipo e compañeirismo. Así que, animámoste a formar parte do noso
club, sexas de onde sexas.
O inicio da actividade está previsto para o día 30 de Outubro.
Se estás interesad@ en formar parte deste novo club, podes informarte nesta dirección de correo electrónico: atletismocarballo2013@gmail.com.
miércoles, 2 de octubre de 2013
OS ALUMN@S DE 6º DE E.PRIMARIA CURSO DO MES DE SETEMBRO
Para intentar mellorar o desenvolvemento e a optimización das sesións de educación física cos alumn@s de educación Primaria, acabo de implementar un plan para fomentar e recompensar o comportamento, a actitude, a participación, o compañeirismo e o esforzo dos alumn@s dos seis cursos de E.Primaria.
Cada mes aparecerá un entrada neste blog co curso ou cursos,que sexan merecedores deste recoñecemento. Ademais, estará exposto nun taboleiro do ximnasio.
Noraboa aos alumn@s de sexto!!!!
COÑECEMOS O BALONMÁN CO XIRIA
Un
curso máis, o departamento de Educación Física do centro, colaborou coa sección
de balonmán da Agrupación Deportiva Xiria, desenvolvendo durante a última
quincena do mes de Setembro, unhas sesións de iniciación a este deporte destinadas aos alumn@s de 2º,3º e 4º de E.Primaria, e que foron
impartidas polo adestrador Fernando
Vázquez.
Esta
actividade ten unha dobre intención, por un lado, que os clubs crezan
fomentando o deporte de base e por outro, preténdeselles facilitar aos
escolares o coñecemento dos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación,
ofrecerles unha alternativa de ocupación para o seu tempo de ocio e fomentar a
práctica de actividade física da nosa poboación escolar, colaborar na
consecución de hábitos cada vez máis
Desta maneira estamos
creando un vínculo importante entre o centro escolar e a Agrupación Deportiva
Xiria.
Quero agradecerlle a
Fernando a súa disposición e bo facer cos rapaces, os cales, quedaron encantados.
Moitas grazas por darnos
a coñecer este deporte!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)