BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

viernes, 13 de diciembre de 2013

ORIENTÁMONOS NO NOSO ENTORNO.

Os alumn@s de sexto de E.Primaria, disfrutaron  dunha sesión de iniciación a orientación, impartida  por Iván Mera, técnico da Federación Galega desta modalidade deportiva.
Aproveitando o parque e o paseo do río Anllóns que temos a carón do noso centro, os nen@s pasaron unha mañá moi entretenida, onde moitos quedaron sorprendidos coa súa capacidade para poder interpretar un plano e orientarse nun entorno diferente ao habitual.
Esta actividade está incluida na oferta de  actividades lúdicas do programa Xogade, englobado no Plan Proxecta, no que o noso centro leva participando dende hai cinco cursos.
Na actualidade, as carreiras de orientación son  unha alternativa máis para que os nen@s  se poidan enganchar ao mundo da actividade físico-deportiva. A orientación é un deporte completo que está en continuo crecemento en España, con cada vez máis clubs de orientación e probas distribuídas por todo o territorio nacional. O auxe desta disciplina débese aos moitos  beneficios derivados da súa práctica como poden ser:

  • O desenvolvemento da condición física dos nen@s (en especial a resistencia aeróbica) dunha forma divertida. Desviar a atención da actividade física que estamos a realizar (correr por terreos diversos durante unha ou dúas horas) interpretando un mapa, buscando balizas e intentado facelo no menor tempo posible é algo difícil de encontrar no resto de disciplinas deportivas.
  • É  totalmente afeccionado. Se ben existen corredores federados, o espírito destas probas escápase dos habituais valores negativos que leva consigo o deporte. Ademais os vínculos afectivos que se dan entre os participantes permiten ampliar o noso círculo de relacións sociais.
  • Desenvolve continuamente as capacidades cognitivas do participante xa que este debe estar continuamente interpretando os elementos do mapa (escala, curvas de nivel, construcións, ríos, tipos de bosque segundo cores...). Tamén en certas ocasións debe manexar o compás, aínda que en planos con moito detalle non adoita ser necesario.

Para rematar,quería aproveitar esta entrada, para agradecerlle a Iván Mera, a súa profesionalidade tanto na organización da actividade como no seu desenvolvemento.  
Moitas grazas!!!!

A continuación, podedes ver algunhas fotografías da actividade que desenvolveron os nosos alumn@s.




No hay comentarios:

Publicar un comentario