BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 17 de marzo de 2020

PDC. 14 DÍAS- 14 RETOS.


Aquí tendes un arquivo con 14 retos para estos 14 días. Está elaborado por unha compañeira de Eucación Física. 

Anímate e proba a intentar o reto.

Ti podes!



lunes, 16 de marzo de 2020

PDC. EU QUEDO NA CASA.



"EU QUEDO NA CASA"
Tal é como se establece nas instruccións do 13 de marzo de 2020 no seu artigo 3.3, nos arquivos adxuntos que aparecen na páxina web do noso centro(organizados por cada curso) poderedes acceder ás propostas de actividades de Educación Física  para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios durante os vindeiros 14 días.
As actividades que aparecen en formato pdf, poderanse imprimir para realizar as tarefas ou copialas e realizalas no caderno. Só se debe copiar das tarefas as preguntas e escribir as respostas (non o resto do documento). No caso de ser unha actividade onde haxa que seleccionar o alumno/ a alumna pódeo facer oralmente visionando o documento e contando co apoio dun familiar.
Moitas grazas pola vosa colaboración!

RECORDA É MOI IMPORTANTE

martes, 10 de marzo de 2020

PDC. AS MULLERES CONTAN NO MUNDO DO DEPORTE:NATALIA RAÑA




Para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, hoxe recibimos no noso colexio a Natalia Raña Fuentes. Os alumnos/as de E.Primaria puideron coñecer a súa historia no mundo do deporte e preguntarlle por aspectos relativos á súa dilatada vida deportiva.

Moitas grazas Natalia por ensinar aos nenos/as o camiño a seguir!!!!







viernes, 6 de marzo de 2020

PDC. SOBRESAÍNTE PAPEL DA CRISTINA NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Os doce atletas que representaron ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar celebrado esta mañá no circuito do polígono industrial de Carballo ,tiveron unha sobresaínte actuación.

A nivel individual e por equipos os resultados foron  os seguintes:


HUGO GARCÍA CAMPIÓN PROVINCIAL BENXAMÍN


TIRSO RAMOS SUBCAMPIÓN PROVINCIAL ALEVÍN


EQUIPO BENXAMÍN  SUBCAMPIÓN PROVINCIAL
(Adrián, Hugo, Nico, Román, Rodrigo e Abel)


EQUIPO ALEVÍN  5º CLASIFICADO PROVINCIAL
(Leo, Issei, Izan, Manuel,Ángel e Tirso)

Noraboa e moitas grazas a todos polo voso esforzo e comportamento!

Comentar que a proba celebrouse despois de moitos anos no circuito de herba natural que hai no Polígono industrial de Carballo, o cal, permitiu desfrutar dunha mañá de auténtico campo a través.

A entrega de medallas e trofeos foi moi emotiva cun minuto de silencio e un discurso polo falecemento, tras unha longa loita contra unha enfermidade, dunha das profesoras de Educación Física do colexio Ramón de Artaza e Malvárez, de Muros.

Con este campionato ponse punto final  á tempada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de sobresaínte, xa que, o noso centro estivo presente por novena vez consecutiva no Campionato Provincial.

Quero darlle as grazas a todos/as os nenos/as que participaron esta tempada nas distintas Fases, polo seu esforzo e comportamento, e animarvos, a seguir esforzándovos para intentar mellorar día.

Agradecer tamén ás familias, a súa inestimable colaboración durante toda a mañá.

Moitas grazas!




miércoles, 4 de marzo de 2020

PDC. PRESENTACIÓN DO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Carballo acolle este venres 6 de marzo o Campionato Provincial de Campo a Través de Centros Educativos, organizado pola Xunta de Galicia, dentro do programa Xogade, e o Concello de Carballo. Un total de 515 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete de 66 centros escolares da provincia daranse cita na zona verde do polígono de Bértoa para empezar a competir ás 11.30 horas. Entre eles e elas estarán 19 escolares do noso concello( 12 do Ceip. A Cristina), que hoxe tiveron a oportunidade de reunirse co alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, nun acto que contou tamén coa presenza de Roberto García en representación da Secretaría Xeral para o Deporte.
O encontro celebrouse pola mañá no Pazo da Cultura, ata onde se desprazaron os alumnos e alumnas dos colexios da Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán e Nétoma-Razo que conseguiron clasificarse para esta final provincial. Xunto a eles estiveron profesores e familias, para as que tamén foi o recoñecemento das autoridades.


lunes, 2 de marzo de 2020

PDC.CERVEXERÍA " LA BOMBONERA" SPONSORIZARÁ AOS NOSOS EQUIPOS NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

A Cervexería " La Bombonera", sponsorizará aos equipos benxamín e alevín  que participarán este venres  no Campionato Provincial  de campo a través escolar.

Os nosos atletas lucirán unhas camisetas doadas por este establecemento de hostalería.

Desde aquí, queremos agradecer a súa implicación no fomento do deporte de base.

Moitas grazas!




PDC. CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Hugo, Nico, Román, Abel, Adrián, Rodrigo, Tirso, Ángel, Leo, Issei, Manuel e Izan alumnos de 2º,3º,4º e 5º  de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este venres, no circuito permanente do polígono industrial de Carballo

Todos chegan moi ilusionados á proba, aínda que conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte os mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.

Moita sorte campións!!!



NOTICIA NO DIARIO DE BERGANTIÑOS