BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 30 de octubre de 2018

PDC.DATAS DAS FASES DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR



As datas para as distintas fases de Campo a través escolar 2018/2019 son as seguintes:
  • Fase Local de Carballo : Venres 30 de novembro do 2018, no circuito do Polígono  Industrial de Bértoa.
  • Fase Intercomarcal: Sábado 26 de xaneiro do 2019 no circuito do parque dos Menhíres( A Coruña)
  • Fase Provincial clubs e colexios: Sábado 2  de febreiro  de 2019 en Fene( A Coruña)
  • Fase Provincial colexios: Sábado 22  de febreiro  de 2019 en Noia( A Coruña)
  • Campionato  Galego: Sábado 16 de  febrerio do 2019 en Monterrei (Ourense)

miércoles, 10 de octubre de 2018

PDC.OS DE PRIMEIRO REMATARON AS SESIÓNS DE INICIACIÓN AO HOCKEY SOBRE PATÍNS

Os alumnos/as de 1º de E.Primaria desenvolveron a última sesión de iniciación ao hockey sobre patíns, que desde o pasado luns están impartindo adestradores do Escola Lubiáns.

Dende o centro queremos darlle as grazas ao Escola Lubiáns, en especial a Manuel, Cholo e Ainhoa, por adicarnos o seu tempo a darnos a coñecer o seu deporte.

Moitas grazas!