BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 10 de octubre de 2018

PDC.OS DE PRIMEIRO REMATARON AS SESIÓNS DE INICIACIÓN AO HOCKEY SOBRE PATÍNS

Os alumnos/as de 1º de E.Primaria desenvolveron a última sesión de iniciación ao hockey sobre patíns, que desde o pasado luns están impartindo adestradores do Escola Lubiáns.

Dende o centro queremos darlle as grazas ao Escola Lubiáns, en especial a Manuel, Cholo e Ainhoa, por adicarnos o seu tempo a darnos a coñecer o seu deporte.

Moitas grazas!


1 comentario: