BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 21 de junio de 2016

BO VERÁN A TOD@S!


Finaliza un novo curso no que agardo que disfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a tod@s por visitar o blog.

Vémonos de novo o doce de Setembro para seguir "disfrutando movéndonos".

Un saúdo e bo verán a tod@s.

domingo, 19 de junio de 2016

DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE 6º DE E.PRIMARIA



Educar es lo mismo
que poner un motor a una barca...

Hay que medir, pensar, equilibrar...

y poner todo en marcha.


Pero para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino...
un poco de pirata...
un poco de poeta...
y un kilo y medio de paciencia concentrada.

Pero es consolador soñar,
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño,
irá muy lejos por el agua.

Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes, hacia islas lejanas.

Soñar que, cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera enarbolada.


Gabriel Celaya





Ata sempre a tod@s e moitas grazas por estes catro anos!

sábado, 18 de junio de 2016

ACTIVIDADES NA NATUREZA

O pasado venres os alumn@s de terceiro ciclo de E.Primaria, realizaron unha excursión a Rianxo, onde puideron disfrutar ao longo da mañá, de moitas actividades no entorno natural do parque de aventuras das árbores. Entre as actividades que desenvolveron, hai que destacar: o rocódromo, xogos de escalada, rapel, ponte tibetano, troncos, tirolina, tiro con arco,etc...

Pola tarde visitamos o mirador do alto da Curota e o castro de Baroña.

A experiencia resultou moi enriquecedora para tod@s.Non hai nada mellor que " disfrutar movéndose".


jueves, 16 de junio de 2016

O CEIP A CRISTINA TERÁ UNHA NUTRIDA REPRESENTACIÓN NOS 10K DE CARBALLO


O noso colexio terá unha nutrida representación na  VI Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo que se celebrará este próximo domingo.

En total, serán 55 atletas os que representen ao noso centro nas categoría pitufo, benxamín, alevín e infantil.

Agardo que os nen@s disfruten dunha mañá deportiva, na que as rúas de Carballo, se convertirán  nunha auténtica festa do atletismo.

OS HORARIOS DAS PROBAS SON OS SEGUINTES:

10.25: INFANTIL, ALEVÍN.
12.35: BENXAMÍN
12.50: PITUFOS 2009,2010,2011,2012,2013.

miércoles, 8 de junio de 2016

JAVIER GÓMEZ NOYA PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DOS DEPORTES 2016.


Javier Gómez Noya foi galardonado co Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2016. O pentacampeón do mundo de triatlón figuraba entre os favoritos do xurado, entre os que estaban o equipo de rugbi de Nova Zelanda, os All Blacks, a esquiadora Lindsey Vonn e o piloto de ralis Sebastian Loeb. A acta destaca o seu «incontestable e brilante palmarés», na parte deportiva. Entre as súas calidades persoais, recoñece «os valores de esforzo e perseveranza ante a adversidade, demostrando unha enorme fortaleza e un encomiable espírito de superación».

domingo, 5 de junio de 2016

NEN@S EN FORMA COA MILLA DIARIA


Elaine Wyllie, profesora de primaria xa xubilada, pasou moitas horas mirando polas fiestras da súa aula dun colexio de Stirling, en Escocia. Así, sen sabelo, foi dando forma á súa idea. "Víase un parque, e a min encantábame contemplalo", explica. "Ás veces miraba aos alumn@s en clase e preguntábame se non estarían mellor fóra correndo".


Foi un voluntario que traballaba naquel colexio St Ninians, cando Wyllie era xa directora, o que lle abriu os ollos. " Estes nen@s están pouco en forma", díxolle. Nada raro. Case o 40% dos nenos británicos de entre 11 e 15 anos padece sobrepeso, e un de cada dez xa é obeso antes de comeezar o colexio. Os nen@s ingleses en idade escolar, segundo un estudo recente, están en peor forma que nunca. Algo que os expertos atribúen, principalmente, á vida sedentaria.

De súpeto, un día de febreiro de 2012, Wyllie decidiu pasar á acción. " Imos todos á rúa", díxolles aos seus alumn@s. Levounos ao parque, o que levaba anos mirando polas fiestras da clase, e propúxolles que o rodeasen correndo.  "Unha volta ao parque era un cuarto de milla", recorda. " Tiñan 10 anos e non logrou completalo ningún, acabaron todos exhaustos".

Exhaustos, pero divertidos. Ao día seguinte repetiron a proba. Ao outro tamén. "Nun mes estaban transformados", asegura Wyllie. " Todos podían correr unha milla ( 1,6 quilómetros) , que era dar catro voltas ao parque. Por iso chamámolo a milla diaria".

Para Semana Santa xa se apuntaron cinco clases máis. E no verán todo o colexio facía a milla diaria. "Anímaselles a correr, pero poden ir andando, saltando... como queiran", explica. "A clave é que lles encanta. Ten que ver con todas as necesidades dos nen@s: o aire fresco, a liberdade, a diversión" Funciona porque sucede onde os nen@s están cada día, no colexio. Non teñen que cambiarse de roupa, pode ser a calquera hora. Todos participan e todos gañan. Non é deporte, é saúde".

Hoxe máis de 600 colexios en Escocia e outros 200 máis en Inglaterra e Gales practican a milla diaria. Os tres principais partidos escoceses recollían a proposta nos seus programas para as eleccións rexionais do pasado 5 de maio. " A nosa ambición é que Escocia sexa a primeira nación da milla diaria", dicía o programa co que gañou as eleccións o nacionalista SNP.

Os índices de sobrepeso no colexio son hoxe case a metade da media escocesa. A milla diaria mellorou a forma física dos nen@s, segundo os profesores, pero tamén o seu comportamento, a súa concentración e o seu rendemento académico. " Os nen@s satisfacen as súas necesidades físicas, exercen de nen@s, e logo pórtanse mellor e concéntranse máis", explica. E todo iso, sen custo algún.

Esa información anecdótica vai camiño de converterse en evidencia científica, grazas a un estudo comparativo que está realizando a universidade de Stirling, que medirá os beneficios " físicos, cognitivos e emocionais" da milla diaria. " Ningunha outra iniciativa no mundo occidental funcionou para reducir a obesidad infantil e esperamos que este estudo demostre que a milla diaria si funciona ", confía.

Hoxe Elaine Wyllie está xubilada como profesora e dedícase a percorrer o mundo tratando de dar a coñecer o seu proxecto, coa axuda dunha fundación que apadrinu a súa causa. A milla diaria practícase xa en colexios de Bélgica, Polonia, Italia e Holanda. Cada semana súmanse novos centros.

Ela, por certo, non é deportista. "¡En absoluto!", asegura entre sorrisos. Pero a milla diaria, aclara, non ten que ver co deporte senón máis ben coa niñez. " En 15 segundos recorde un momento de xogo feliz durante a súa niñez ", propón. " Era no exterior ou no interior " Só ou con amigos? Había adultos dirixindo? implicaba un complexo xoguete manufacturado? Se responde o que creo que respondeu, esa é para min a definición da niñez. E todo iso é a milla diaria?.