BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 8 de junio de 2016

JAVIER GÓMEZ NOYA PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DOS DEPORTES 2016.


Javier Gómez Noya foi galardonado co Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2016. O pentacampeón do mundo de triatlón figuraba entre os favoritos do xurado, entre os que estaban o equipo de rugbi de Nova Zelanda, os All Blacks, a esquiadora Lindsey Vonn e o piloto de ralis Sebastian Loeb. A acta destaca o seu «incontestable e brilante palmarés», na parte deportiva. Entre as súas calidades persoais, recoñece «os valores de esforzo e perseveranza ante a adversidade, demostrando unha enorme fortaleza e un encomiable espírito de superación».

No hay comentarios:

Publicar un comentario