Por sétimo ano consecutivo, o noso centro estará presente no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro sábado 3 de Febreiro, no circuito de Acea da Ma( Culleredo)
Nunha mañá típica de campo a través,fría,con vento e cun circuito esvaradizo,Martín Pérez e José Manuel Negreira acadaron o sexto e cuarto posto nas categorías alevín e infantil masculino, o que lles otorga o pase ao Campionato Provincial.
O resto dos nen@s que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 4º posto dos equipos alevín feminino e infantil masculino.
Cabe recordar, que fomos o centro de Carballo con máis representación, 44 nen@s e cinco equipos, algo moi meritorio.
Quero darlle as grazas aos nen@s polo seu esforzo e comportamento, e as familias, pola súa inestimable colaboración durante toda a mañá.
Moitas grazas a tod@s!
FOTO DE GRUPO AO PÉ DA TORRE DE HÉRCULES
EQUIPO BENXAMÍN FEMININO
EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO
EQUIPO ALEVÍN FEMININO
EQUIPO ALEVÍN MASCULINO
EQUIPO INFANTIL MASCULINO
LAURA FOI A NOSA REPRESENTANTE NA CATEGORÍA INFANTIL FEMININO
CLASIFICACIÓNS
ATLETAS CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL
MARTÍN PÉREZ CALVO ( ALEVÍN MASCULINO)
JOSÉ MANUEL NEGREIRA ABELENDA ( INFANTIL MASCULINO)
NOTICIA NO DIARIO DE BERGANTIÑOS