BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 20 de junio de 2023

BO VERÁN A TODOS/AS!

 


Finaliza un novo curso no que agardo que desfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a todos/as por visitar o blog.

Vémonos de novo o 11 de Setembro para seguir "desfrutando movéndonos".
Unha aperta moi grande e bo verán a todos/as.

lunes, 19 de junio de 2023

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Un curso máis, e xa van catorce neste colexio, chegou o momento de despedirme do alumnado de sexto curso.

Foron nove cursos compartindo con vós moitos momentos,onde disfrutei moito aportando o meu graniño de area na vosa formación como alumnos/as, pero sobre todo, como persoas.
 
O meu principal obxectivo foi facer que disfrutárades da actividade física e o deporte, e que ao final desta etapa teñades uns valores que vos axuden a mellorar o día de mañá.

Espero que vos vaia todo moi ben nas vosas vidas, que saiades adiante e que aprendades a importancia que ten o esforzo para alcanzar os vosos soños. 

Moitas grazas por facerme partícipe das vosas vidas!

Unha aperta moi forte para todos/as!

Ata sempre!!!

jueves, 15 de junio de 2023

LUCÍA E MANUEL CAMPIÓNS DO VIII TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

 Lucía e Manuel proclamáronse campións das finais de quinto e sexto curso  de E. Primaria do VIII Torneo de Bádminton da Cristina , que se disputou durante os  meses de maio e xuño.

 Na final de quinto curso, Lucía  gañou por dous sets a cero a Adrián ( 21-14 e 21-13).

En sexto curso, Manuel logrou a victoria por dous sets a un ante  Rodrigo (21-11,16-21 e 21-12).

Ao final do partidos, os  finalistas recibiron sendos trofeos, e o  resto dos participantes de  cada curso, unha medalla de recordo.

Noraboa a tod@s!





viernes, 9 de junio de 2023

ORIENTACIÓN NA ESCOLA

O alumnado de sexto curso de E.Primaria desenvolveu hoxe unha actividade de introdución á disciplina de orientación, realizando unha carreira de orientación no entorno do parque do Anllóns.

Con esta actividade lúdica de iniciación o que se pretende é facilitar a inmersión do alumnado nesta modalidade deportiva de maneira lúdica e cooperativa, buscando como obxectivos:

  • Ofrecerlles  unha alternativa máis para o uso e gozo do seu tempo libre.
  • Desenvolver diferentes aprendizaxes que poidan extrapolarse posteriormente para poder ser empregadas en diferentes situacións cotiás.
  • Conciencialos da necesidade de coidar e manter os espazos naturais.
  • Fomentar a colaboración entre eles/elas e a capacidade de traballo en grupo.
  • Aprender a interpretar diferentes tipos de planos.

 
























jueves, 8 de junio de 2023

FINALISTAS DO VIII TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA 2023

 


Lucía,Adrián, Manuel e Rodrigo , clasificáronse para as  finais de 5º e 6º de E.Primaria do VIII Torneo de Bádminton da Cristina 2023.

Os resultados dos partidos de semifinais foron os seguintes:
  • Irina & Adrián  : 19-21,14-21.
  • Lucía & Abel: 14-21, 21-19, 21-17.
  • Judith & Manuel: 16-21, 21-11,20-22.
  • Uxía & Rodrigo: 21-19, 11-21,20-22.
O martes e xoves da  semana que vén terán lugar as dúas finais.

Moita sorte para todos/as!