BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

sábado, 17 de febrero de 2018

PDC. BO PAPEL DE JOSÉ MANUEL NEGREIRA NO CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS



José Manuel Negreira finalizou na vixésimo sétima posición  no  Campionato Galego escolar de campo a través, celebrado na mañana de hoxe na Pobra do Caramiñal.

A  participación foi dun altísimo nivel, sendo o noso centro dos poucos colexios de Galicia con representación neste Campionato.

José Manuel  tivo que sobrepoñerse ás molestias na espalda que leva arrastrando nesta última semana, o cal, lle impediu dar o mellor de sí.

Hai que destacar que neste Campionato, estaban presentes os sesenta e seis mellores atletas de categoría infantil de todo Galicia, polo que o posto acadado polo atleta do noso colexio, é moi meritorio.

Noraboa e moitas grazas polo teu esforzo e comportamento!!!

Con este campionato ponse punto final  á temporada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de sobresaínte, xa que, o noso centro estivo presente por cuarta vez  na súa historia,nas catro fases que se organizan na nosa Comunidade.

Quero darlle as grazas a tod@s os nen@s que participaron esta tempada nas distintas Fases, polo seu esforzo e comportamento, e animarvos, a seguir esforzándovos para intentar mellorar día.

Grazas a tod@s!!!

CLASIFICACIÓNS





martes, 13 de febrero de 2018

PDC. CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS


José Manuel Negreira Abelenda, alumno de 6º de E.Primaria, representará ao noso centro no Campionato Galego Escolar de campo a través,que se celebrará este vindeiro sábado, no circuito da praia de Cabío ( A Pobra do Caramiñal)

Por cuarta vez na historia do noso centro,estaremos presentes nun Campionato Galego, as outras tres foron nos anos 2012 , 2013 e 2017.

José Manuel chega moi ilusionado á proba despois de acadar a clasificación no Campionato Provincial celebrado en Acea da Ma( Culleredo), aínda que consciente da dificultade que entraña este reto, xa que, neste Campionato, tomarán parte @s mellores atletas de Galicia.

Moita sorte campión!!!




PDC. CERVEXERÍA " LA BOMBONERA" SPONSORIZARÁ A JOSÉ MANUEL NEGREIRA NO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

Por segundo ano consecutivo, a Cervexería " La Bombonera", sponsorizará a José Manuel Negreira no Campionato Galego de campo a través escolar, que se celebrará o próximo sábado na localidade coruñesa de A Pobra do Caramiñal.

O atleta do noso centro lucirá un chándal donado por este establecimiento de hostalería.

Desde aquí, queremos agradecer a implicación da Cervexería " La Bombonera"  no fomento do deporte de base.

Moitas grazas!





sábado, 3 de febrero de 2018

PDC.JOSÉ MANUEL NEGREIRA CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

  
José Manuel Negreira Abelenda, alumno de 6º de E.Primaria, clasificouse por segundo ano consecutivo para  o Campionato Galego de campo a través escolar , ao finalizar quinto na categoría infantil do Campionato Provincial disputado na mañá de hoxe, no circuito do parque de Acea da Ma(Culleredo),o cal, lle permitirá estar entre os mellores atletas galegos de campo a través en idade escolar.

Por cuarta vez na historia do noso colexio,un atleta representaranos no Campionato Galego, que se celebrará o vindeiro 17 de Febrerio na Pobra do Caramiñal ( A Coruña).

Tamén hai que destacar o bo papel de Martín Pérez Calvo, alumno de 5º de E.Primaria, na proba alevín masculino, xa  que dou o mellor de sí, acadando una meritoria posición.

Noraboa os dous polo voso esforzo nun día moi duro para correr. Síntome moi orgulloso de poder aportar o meu pequeno graniño de area nesta aventura, na que vós, sodes os verdadeiros protagonistas.

GRAZAS, GRAZAS E MÁIS GRAZAS CAMPIÓNS!!!!