Esta obra constitúe unha interesante e nova proposta para a mellora da práctica diaria do docente de Educación Física.
Os rápidos e constantes cambios na sociedade precisan unha Educación Física
eficaz que dea respostas adecuadas ás novas demandas que se lle esixen.
Conscientes diso e da importancia que ten a materia para a educación dos
escolares, os autores das competencias do profesor de Educación Física presentan
as claves para chegar a ser un docente de educación física competente.
A
obra recolle, desde unha ampla perspectiva, reflexións e propostas prácticas
acerca de cales son as competencias que caracterizan a un bo docente de
Educación Física na actualidade. Así, debúllanse aspectos referidos á
organización e animación de situacións didácticas, á organización da materia
desde unha perspectiva inclusiva, a como favorecer a progresión das
aprendizaxes, ou á implicación dos alumnos e dos seus pais no proceso de
aprendizaxe.
Nas competencias do profesor de Educación Física analízanse cales
son as competencias que todo bo docente debe posuír para implementar unha
Educación Física eficaz, entendida esta como a capacidade que ten a disciplina
para responder aos grandes desafíos da infancia e a mocidade.