BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 31 de enero de 2012

XOGAMOS AO BALONCESTO CO CARBALLO BASKET


Tod@salumn@s de Educación Primaria do noso centro, están disfrutando durante esta semana, cunhas sesións encamiñadas a coñecer e disfrutar do baloncesto.A iniciativa  enmarcase dentro da colaboración do departamento de educación física do noso centro coas diversas agrupacións deportivas e clubes do noso concello.

As sesións están sendo impartidas por dous adestradores titulados do clube Carballo basket coa colaboración do mestre de educación Física.

Os nen@s están coñecendo de maneira lúdica esta modalidade deportiva que ten moito arraigo na nosa localidade.

A continuación podedes ver as fotografías das sesións e disfrutar do "Gasol" que levades dentro.

sábado, 28 de enero de 2012

A EDUCACIÓN FÍSICA CONTRIBÚE Á EDUCACIÓN PARA A PAZ


A Educación para a Paz afecta a todos os elementos curriculares de todas as áreas e etapas educativas.

Na práctica de actividades físico/deportivas, podemos detectar unha serie de actitudes que baixo unha perspectiva educativa contribúen á Educación para a Paz. Estoume referindo a: solidariedade,tolerancia,cooperación, autonomía, deportividade, respecto á diversidade, ... Desde a área de Educación física pretendo : Desenvolver actitudes de compañeirismo e non violencia nos seus xogos e deportes, dentro e fóra do centro; adquirir hábitos de tolerancia ante calquera opinión, aceptar as normas propostas polo grupo, desenvolvendo actitudes de tolerancia e cooperación, valorar a importancia a convivencia pacífica entre persoas de diferentes culturas, razas, sexos, idades,...En definitiva, tolerancia e respecto aos demais, ás diferenzas e aceptación do diálogo como causa para resolver as situacións conflitivas.

Así "educar para a paz" esixe formar no espírito crítico, a capacidade de dialogar, a veracidade, a xustiza social, ... A paz cuestiona unha serie de valores que lle son contrarios e que están presentes tanto nos procesos sociais como educativos (falamos de individualismo, insolidaridade, competitividade, discriminación, etc.).

viernes, 27 de enero de 2012

XIMNASIA DEPORTIVA: " O ACROSPORT"


O ACROSPORT é un deporte acrobático-coreográfico, xa que nos seus exercicios intégranse tres elementos fundamentais:
  1. Formación de figuras ou pirámides corporais.
  2.  Habilidades ximnásticas de chan como elementos de enlace entre unha figura e outra.
  3. Música que apoia ao compoñente coreográfico de combinación dos elementos anteriores.

Podemos tamén definilo como un deporte de cooperación, onde existe a presenza de compañeir@s que sincronizan as súas accións motrices nun espazo estable para conseguir a realización de figuras ou pirámides humanas.


Espectacularidade, vistosidade, dinamismo, forza e unha facilidade aparente son notas que definen o ACROSPORT, unha disciplina deportiva cuxos orixes remontar moi lonxe na historia da humanidade, como mostran as figuras acrobáticas representadas nos frescos exipcios.


ACROSPORT provén do grego "acrobateo" que significa rubir ou escalar encima de alguén. Require forza, equilibrio, flexibilidade, precisión e control do corpo. Por iso esta disciplina inclúese nos programas de adestramento de pilotos de aviación, astronautas e paracaidistas.


O ACROSPORT practícase por parellas, que poden ser mixtas, por tríos femininos ou por cuartetos masculinos.

EXEMPLOS DE ACROSPORT NA ESCOLA




sábado, 21 de enero de 2012

DESTACADA ACTUACIÓN D@S ATLETAS DO NOSO COLEXIO NO CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS



De moi boa se pode calificar a participación dos atletas do noso colexio no Campionato Intercomarcal de campo a través celebrado esta mañá no parque de Acea de Ama(Culleredo), xa que, se clasificaron 14 nen@s para o Campionato Provincial que se celebrará o vindeiro 11 de Febreiro na Pobra do Caramiñal.

Aínda que todos os nos@s atletas estiveron a un grande nivel, hai que destacar a medalla de prata colleitada polos equipos Benxamin Feminino e  Infantil masculino, a medalla de bronce do equipo Alevín masculino; e a clasificación individual de Marta Padín(5ª), Yonatan Lema(4º) e Jonathan Lage ( 6º).

Deste xeito, serán 14 atletas os que nos representarán no o vindeiro mes de Febreiro no Campionato Provincial, repetindo por segundo ano consecutivo a clasificación para esta Fase,previa ao Campionato Galego.

Tampouco me quero esquecer do resto dos integrantes que participaron no día de hoxe, que demostraron moita entereza e un esforzo digno de resaltar.

Noraboa a tod@s polo voso esforzo, e sobre todo, pola imaxe dada como grupo.

 ATLETAS CLASIFICAD@S PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL

 

Benxamín feminino (2ºe 3ºcurso)
Marta Padín Viña.
Lucía Carro Rodríguez.
Lucía Varela Cerviño.
Alicia Abelenda Cambón.
Anabel Andrade Mira.
María Serra Álvarez.
Alevín masculino (5º curso)
YONATAN LEMA FERNÁNDEZ.
JONATHAN LAGE OTERO
Infantil masculino ( 6º curso)
DIEGO CASTRO FERNÁNDEZ.
ALEJANDRO URES VILARIÑO
MARTÍN VÁZQUEZ POMBO.
JUAN RODRÍGUEZ CANOSA.

XAVIER CHOUCIÑO FACAL.
ALEJANDRO GÓMEZ ÁLVAREZ.

Podedes consultar as clasificacións no seguinte enlace:
Clasificación Campionato Intercomarcal de campo a través 2012

jueves, 19 de enero de 2012

PREPARADOS, LISTOS, XA!!!

FOTO DOS NEN@S QUE PARTICIPARÁN NA FASE INTERCOMARCAL  COA NOVA CAMISETA DO NOSO PATROCINADOR CERVECERÍA " LA BOMBONERA"

Xa falta pouco para afrontar este novo reto, e iso, estivo presente nos adestramentos que desenvolvemos durante estas dúas semanas.

 A ilusión, o compañerismo, as ganas de mellorar día a día, fan que un se sinta moi orgulloso de ter a oportunidade de traballar con estos nen@s. Todo é moito máis fácil cando hai compromiso,e teño que dicir, que si algo teñen os rapaces e rapazas que van a representar ao noso colexio, é compromiso e moita,moita ilusión. Con todo isto, xa pouco queda por acadar, aínda que seguro que nos van a dar algunha alegría.

Moitas grazas por facerme partícipe das vosas ilusións e dos  vosos soños.

Noraboa polo voso traballo e moita, moita sorte.


 A SAÍDA PARA A CORUÑA SERÁ  ÁS 9.30 HORAS DESDE A EXPLANADA DO CENTRO COMERCIAL HALLEY

O CEIP A CRISTINA-LA BOMBONERA DE ATLETISMO NA PRENSA

martes, 17 de enero de 2012

INFORMACIÓN FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS



 
O vindeiro sábado 21 de Xaneiro celebrarase no circuito de Acea de Ama ( Culleredo),o Campeonato Intercomarcal de campo a través, no cal, competirán 35 nen@s  do noso centro.

Os nen@s participantes serán trasladados ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  seu mestre de educación física.

A hora prevista da saída desde Carballo será as 9.30 horas desde o aparcamento do centro comercial Halley.

Está previsto chegar  de volta a Carballo, entre as 14 e as 14.30 horas( dependendo de que os horarios das probas non se vexan alterados) ao mesmo lugar da saída.

Os horarios orientativos das probas son os seguintes:

Hora
Categoría
Curso
Distancia aprox.
11.00
Benxamín feminino
2º e 3º E.P
600 m
11.10
Benxamín masculino
2º e 3º E.P
600 m
11.20
Alevínfeminino
4º e 5º E.P
800 m
11.30
Alevínmasculino
4º e 5º E.P
1320 m
11.45
Infantil feminino
6ºE.P
1320 m
12.00
Infantil masculino
6ºE.P
1800 m








RECOMENDACIÓNS :

·     Dado que a proba se desenvolverá sobre un circuito de herba e terra, é recomendable que os nen@s veñan provistos de doble calzado e calcetins( un par de zapatillas deportivas e calcetins para competir, e outro par para poñer unha vez finalizada a proba).O circuito conta con vestiarios e duchas por se algún nen@ quere facer uso das mesmas.

·     Os nen@s traerán chandal ( o do colexio ou outro ) e un anorak   para evitar enfriarse durante a espera da súa proba e despois da mesma.

·     Participarán coa camiseta técnica do Ceip. A Cristina - La Bombonera que lles facilitará o centro.Aqueles nen@s que queiran utilizar pantalón curto ou mallas deportivas poden facelo.
·       Se o seu fill@ está tomando algunha medicación ou ten algún problema físico que detectarán nos últimos días, non esquezan comunicalo.

·     Recorden que os obxectivos fundamentais desta probason os de: fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable;e difundir os valores da competición.

·     Os resultados da proba, as fotografías e toda a información da mesma poderán consultalos no blog de educación física do noso centro: “ Disfrutamos movéndonos”.

·    Para calquer aclaración ou dúbida, póñanse en contacto con Suso (mestre de educación física do centro)

·     De cara a organizar o transporte dos nen@s, é moi importante que entreguen antes do Xoves 19 de Xaneiro a autorización que aparece a continuación.

Jesús Manuel Pena Núñez
(Mestre titular do Departamento de Educación Física)

viernes, 13 de enero de 2012

jueves, 12 de enero de 2012

FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS


Corredor

O vindeiro Sábado 21 de Xaneiro, celebrarase no Parque deportivo de Acea de Ma (Culleredo), a Fase Intercomarcal de campo a través, onde estarán presentes @s 35 atletas do noso colexio que colleitaron a súa clasificación na Fase Local celebrada en Carballo.Estará organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo.



Os horarios orientativos das probas son os seguintes:
Hora
Categoría
Distancia  aprox.
VOLTAS
11.00
Benxamín fem.
600m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.10
Benxamín mas.
600m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.20
Alevín fem.
800m
SALIDA B + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.30
Alevín mas.
1320m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.45
Infantil fem.
1320m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
12.00
Infantil mas.
1800m
SALIDA B+ 1 VUELTA PEQUEÑA +1 VUELTA MEDIANA
12.15
Cadete fem.
1800m
SALIDA B + 1 VUELTA PEQUEÑA + 1 VUELTA MEDIANA
12.35
Cadete mas.
3500m
SALIDA B+ 3 VUELTAS GRANDES

miércoles, 11 de enero de 2012

XA HAI DATAS PARA AS VINDEIRAS PROBAS DE CAMPO A TRAVÉS

A Federación Galega de Atletismo publicou as datas nas que se celebrarán as seguintes fases do Campo a través escolar:

A Fase Intercomarcal celebrarase o vindeiro 21 de Xaneiro na Coruña.

O Campeonato Provincial terá lugar o 11 de Febreiro na Pobra do Caramiñal.

Por último, o Campeonato Galego, celebrarase o 25 de Febreiro na cidade de Vigo.

@s atletas do noso colexio que se clasificaron para a Fase Intercomarcal(35 en total), retomaron esta semana os adestramentos ,co obxectivo de chegar o mellor preparados á proba que se celebrará na Coruña.