BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 17 de enero de 2012

INFORMACIÓN FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS



 
O vindeiro sábado 21 de Xaneiro celebrarase no circuito de Acea de Ama ( Culleredo),o Campeonato Intercomarcal de campo a través, no cal, competirán 35 nen@s  do noso centro.

Os nen@s participantes serán trasladados ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  seu mestre de educación física.

A hora prevista da saída desde Carballo será as 9.30 horas desde o aparcamento do centro comercial Halley.

Está previsto chegar  de volta a Carballo, entre as 14 e as 14.30 horas( dependendo de que os horarios das probas non se vexan alterados) ao mesmo lugar da saída.

Os horarios orientativos das probas son os seguintes:

Hora
Categoría
Curso
Distancia aprox.
11.00
Benxamín feminino
2º e 3º E.P
600 m
11.10
Benxamín masculino
2º e 3º E.P
600 m
11.20
Alevínfeminino
4º e 5º E.P
800 m
11.30
Alevínmasculino
4º e 5º E.P
1320 m
11.45
Infantil feminino
6ºE.P
1320 m
12.00
Infantil masculino
6ºE.P
1800 m








RECOMENDACIÓNS :

·     Dado que a proba se desenvolverá sobre un circuito de herba e terra, é recomendable que os nen@s veñan provistos de doble calzado e calcetins( un par de zapatillas deportivas e calcetins para competir, e outro par para poñer unha vez finalizada a proba).O circuito conta con vestiarios e duchas por se algún nen@ quere facer uso das mesmas.

·     Os nen@s traerán chandal ( o do colexio ou outro ) e un anorak   para evitar enfriarse durante a espera da súa proba e despois da mesma.

·     Participarán coa camiseta técnica do Ceip. A Cristina - La Bombonera que lles facilitará o centro.Aqueles nen@s que queiran utilizar pantalón curto ou mallas deportivas poden facelo.
·       Se o seu fill@ está tomando algunha medicación ou ten algún problema físico que detectarán nos últimos días, non esquezan comunicalo.

·     Recorden que os obxectivos fundamentais desta probason os de: fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable;e difundir os valores da competición.

·     Os resultados da proba, as fotografías e toda a información da mesma poderán consultalos no blog de educación física do noso centro: “ Disfrutamos movéndonos”.

·    Para calquer aclaración ou dúbida, póñanse en contacto con Suso (mestre de educación física do centro)

·     De cara a organizar o transporte dos nen@s, é moi importante que entreguen antes do Xoves 19 de Xaneiro a autorización que aparece a continuación.

Jesús Manuel Pena Núñez
(Mestre titular do Departamento de Educación Física)

No hay comentarios:

Publicar un comentario