BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

sábado, 21 de enero de 2012

DESTACADA ACTUACIÓN D@S ATLETAS DO NOSO COLEXIO NO CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS



De moi boa se pode calificar a participación dos atletas do noso colexio no Campionato Intercomarcal de campo a través celebrado esta mañá no parque de Acea de Ama(Culleredo), xa que, se clasificaron 14 nen@s para o Campionato Provincial que se celebrará o vindeiro 11 de Febreiro na Pobra do Caramiñal.

Aínda que todos os nos@s atletas estiveron a un grande nivel, hai que destacar a medalla de prata colleitada polos equipos Benxamin Feminino e  Infantil masculino, a medalla de bronce do equipo Alevín masculino; e a clasificación individual de Marta Padín(5ª), Yonatan Lema(4º) e Jonathan Lage ( 6º).

Deste xeito, serán 14 atletas os que nos representarán no o vindeiro mes de Febreiro no Campionato Provincial, repetindo por segundo ano consecutivo a clasificación para esta Fase,previa ao Campionato Galego.

Tampouco me quero esquecer do resto dos integrantes que participaron no día de hoxe, que demostraron moita entereza e un esforzo digno de resaltar.

Noraboa a tod@s polo voso esforzo, e sobre todo, pola imaxe dada como grupo.

 ATLETAS CLASIFICAD@S PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL

 

Benxamín feminino (2ºe 3ºcurso)
Marta Padín Viña.
Lucía Carro Rodríguez.
Lucía Varela Cerviño.
Alicia Abelenda Cambón.
Anabel Andrade Mira.
María Serra Álvarez.
Alevín masculino (5º curso)
YONATAN LEMA FERNÁNDEZ.
JONATHAN LAGE OTERO
Infantil masculino ( 6º curso)
DIEGO CASTRO FERNÁNDEZ.
ALEJANDRO URES VILARIÑO
MARTÍN VÁZQUEZ POMBO.
JUAN RODRÍGUEZ CANOSA.

XAVIER CHOUCIÑO FACAL.
ALEJANDRO GÓMEZ ÁLVAREZ.

Podedes consultar as clasificacións no seguinte enlace:
Clasificación Campionato Intercomarcal de campo a través 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario