BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 17 de febrero de 2014

OS SALTOS

Os saltos son unha habilidade básica que aglutina varias(percepción, desprazamento, equilibrio,etc...)

Entendemos por salto toda acción que implique un despegue do corpo do chan como consecuencia da extensión dunha ou ambas pernas, quedando o corpo suspendido no aire momentaneamente mentres cumpre a función de salvar un obstáculo ou de avanzar,etc...En tódolos saltos interveñen os factores de coordinación, equilibrio, forza, potencia e equilibrio.

O salto en combinación cos desprazamentos, é unha habilidade básica que debe traballarse con tódalas súas posibilidades en 3º e 4º de E.Primaria pois as aplicacións desta habilidade tanto no terreno deportivo como no utilitario, o lúdico e incluso o expresivo son evidentes.Dan a oportunidade  ao alumn@ de manifestar a súa creatividade motriz.

Todas estas modificacións de creatividade motriz, incrementarán a súa mellora na competencia cultural, artística e lingüística.

Nas seguintes fotografías, podedes ver o traballo que desenvolveron nunhas sesións os alumn@s de 3º de E. Primaria,realizando distintos saltos.

domingo, 16 de febrero de 2014

BO PAPEL DE VALERIA GÓMEZ NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS


Valeria Gómez, alumna de 6º de E.Primaria, finalizou na vixésima posición, no Campionato Provincial de Campo a través escolar, celebrado onte no parque de Salgueiriños de Santiago de Compostela.

O posto acadado pola atleta do noso centro foi moi meritorio, xa que, neste Campionato, estaban representadas as oitenta mellores atletas da categoría infantil da provincia de A Coruña.

Con esta proba  finaliza a nosa participación nos campionatos de campo a través escolar, onde o noso centro estivo presente por cuarto ano consecutivo, nas fases Local, Intercomarcal e Provincial.

Desde aquí, quero agradecerlle a tódol@s atletas do noso centro que participaron nas mesmas,o esforzo e comportamento amosado.

Moitas grazas!!!!

lunes, 10 de febrero de 2014

INFORMACIÓN SOBRE O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR




Valeria Gómez Álvarez, alumna de 6º de E.Primaria, representará ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este vindeiro sábado, no circuito do parque de Salgueiriños de Santiago de Compostela.

Este campionato é clasificatorio para o Campionato Galego, que terá lugar o sábado 8 de marzo, na Pobra do Caramiñal(A Coruña).

Valeria chega mo ilusionada á proba, aínda que consciente da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte @s mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.

martes, 4 de febrero de 2014

OS XIROS

Os xiros , ao igual que os desprazamentos e os saltos, desenvolven a capacidade de coordinación neuromuscular e o control do movemento ante unha serie de posicións inhabituais para os alumn@s, así como a súa capacidade de orientación no espazo e no tempo mellorando o seu equilibrio.

Son unha habilidade que engloba a varias desenvolvidas anteriormente no coñecemnto e interacción do mundo físico, autonomía e iniciativa persoal e a social e cidadán.

A través dos xiros desenvolvese a coordinación dinámica xeral, o esquema corporal, a concienciación do propio corpo e a percepción espazo-temporal.

Son movementos que implican unha rotación a través dos eixes que atravesan o corpo.

Nas seguintes fotografías, podedes ver o traballo que desenvolveron nunha sesión os alumn@s de 4º de E. Primaria,realizando xiros sobre o eixe lonxitudinal.

sábado, 1 de febrero de 2014

A CRISTINA ESTARÁ NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Atletas clasificados para o Campionato Provincial

Por cuarto ano consecutivo, o noso centro estará presente no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de Febreiro, en Santiago de Compostela. 

Nunha mañá típica de campo a través,moi fría,cun circuito moi embarrado e saraibada para redondear a xornada, Valeria Gómez acadou o oitavo posto na categoría infantil feminina, o que lle otorga o pase ao Campionato Provincial.

O resto dos nen@s que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 4º posto do equipo benxamín masculino.

Cabe recordar, que fomos o centro de Carballo con máis representación, 41 nen@s e seis equipos, algo moi meritorio.

Quero darlle as grazas aos nen@s polo seu esforzo e comortamento, e as familias, pola súa colaboración durante toda a mañá.

Moitas grazas a tod@s!!!