BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

sábado, 18 de febrero de 2017

PDC.JOSÉ MANUEL NEGREIRA CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


José Manuel Negreira, alumno de 5º de E.Primaria, clasificouse para disputar o Campionato Galego de campo a través escolar , ao finalizar sexto no Campionato Provincial disputado na mañá de hoxe no circuito da Praia de Cabío( A Pobra do Caramiñal),o cal, lle permitirá estar entre os mellores atletas galegos de campo a través en idade escolar.

Por terceira vez  na historia do noso colexio,un atleta representaranos no Campionato Galego, que se celebrará o próximo 11 de Marzo en Villalba(Lugo).Hai que ter en conta, que nas últimas seis participación do noso centro, colleitamos a clasificación en tres ocasións para o Campionato Galego, o cal, é mol meritorio.


Noraboa  polo teu esforzo e traballo durante todo este mes. Síntome moi orgulloso de poder aportar o meu pequeno graniño de area nesta aventura, na que vós, sodes os verdadeiros protagonistas.

GRAZAS, GRAZAS E MÁIS GRAZAS CAMPIÓNS!!!!

viernes, 17 de febrero de 2017

PDC. O EQUIPO ESPAÑA CAMPIÓN DA 1ª MINIOLIMPIADA

O equipo España proclamouse vencedor da 1ª Miniolimpiada na que participou o alumnado de 6º de E.Primaria.

Nunha última xornada, onde se desenvolveron as probas de lanzamento de vortex e resistencia,os tres primeiros postos decidíronse na última proba de resistencia, cuns resultados moi axustados.

Ao final houbo entrega de diplomas a tod@s os nen@s que participaron e unha foto de todo o grupo, na que reinou a deportividade e o bo ambiente.






ESPAÑA 1º CLASIFICADO
JAPÓN  2º CLASIFICADO
FRANCIA 3º CLASIFICADO 
CHINA 4º CLASIFICADO
ITALIA 5º CLASIFICADO

Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e colaboración.

miércoles, 15 de febrero de 2017

PDC.CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


José Manuel Negreira Abelenda, alumno de 5º de E.Primaria, representará ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este vindeiro sábado, no circuito da praia de Cabio(A Pobra do Caramiñal)

Este campionato é clasificatorio para o Campionato Galego, que terá lugar o sábado 11 de Marzo, en Villalba( Lugo)

José Manuel chega moi ilusionado á proba, aínda que consciente da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte @s mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.

Moita sorte campión!!!

PDC. ALMORZOS SAUDABLES



O próximo venres 17 de febreiro o alumnado de 3º e 4º curso de E.P. participará no Programa “Almorz@ con beizos brancos”, que fomenta os almorzos saudables a través dun convenio de colaboración entre a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias e a Obra Social La Caixa.

O programa consta dunha parte teórica e unha parte práctica na que o alumnado almorzará, degustando os seguintes alimentos: mandarinas, leite enteiro con cacao puro, pan galego, aceite de oliva.




 

martes, 14 de febrero de 2017

PDC. 2ª XORNADA DA MINIOLIMPIADA

Hoxe celebramos a 2ª Xornada da Miniolimpiada, coa proba de salto de altura. A proba foi moi igualada e disputada. A clasificación está moi apretada, e as probas de resistencia e lanzamento de vortex, decidirán que países soben ao podium.









viernes, 10 de febrero de 2017

PDC. 1ª XORNADA DA MINIOLIMPIADA

Hoxe celebramos a 1ª Xornada da Miniolimpiada, coas probas de velocidade e salto de lonxitude. Os nen@s disfrutaron moito participando e animando aos seus compañeir@s.







CLASIFICACIÓN

lunes, 6 de febrero de 2017

PDC. 1ª MINIOLIMPIADA



Os alumn@s de 6º de E.Primaria para rematar a unidade didáctica de Atletismo, desenvolverán unha Miniolimpiada.Comezamos o 9 de Febreiro. 
                                               


PDC. CONCURSO MASCOTA ACTIVA DO NOSO PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO

Ola a tod@s!

Buscamos unha mascota para que sexa a imaxe e o logo do noso Proxecto Deportivo de Centro. Queres participar? Pois estas son as bases do concurso:

 1.- Poderá participar todo o alumnado de E.Infantil e E.Primaria.
2.- O personaxe  estará relacionado coa actividade física.
3.-O tamaño máximo do debuxo será DIN A-4 (folio,cartolina). Os datos do participante figurarán ao dorso( Nome e Apelidos, curso)
5.- Os debuxos poderán realizarse utilizando calquera técnica ou material de pintura e realizaranse na aula.
6.- Cada participante poderá presentar un único debuxo. Todos os debuxos serán expostos no colexio e o gañador ou gañadora terá un premio sorpresa.
7.- Formarase unha comisión que elixirá o debuxo gañador.
8.-Criterios de selección. Valorarase a creatividade, composición, o impacto visual e valor artístico e estético da obra, así como a adecuación o tema proposto.
9.- A data límite para presentar os debuxos será o 7 de Abril.

Anímate e participa!