BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

jueves, 12 de octubre de 2017

PDC. COMEZARON OS RECREOS ACTIVOS!

O pasado dous de Outubro comezaron os "recreos activos", coa idea de mellorar a organización e convivencia durante os períodos de recreo.

Os obxectivos desta proposta son:
 
1)  Estimular as habilidades sociais de respecto, traballo en equipo e deportividade durante os recreos.

2) Crear un ambiente de recreos positivo e activo que mellore o clima interno do colexio onde a conciencia intergrupal, solidariedade, o respecto e a tolerancia sexan o eixo vertebrador dos tempos de descanso e esparexemento.

Establecéronse 4 zonas diferentes de xogo acorde a un calendario rotatorio , os alumn@s poden participar   segundo as súas preferencias e intereses .

Estas zonas de xogo son as seguintes:

Zona 1. Xogos tradicionais(trompos, canicas,diábolos,bolos)
Zona 2. Voleibol-Cachibol e xogos tradicionais( tres en raia, mariolas,twister)
Zona 3. Brilé e Balonmán.
Zona 4. Fútbol( cada curso participa só unha vez a semana) e baloncesto.

Ademais cada curso dispón de cordas para facer xogos como saltar á comba,etc... 

Para organizar as zonas e distribuir o material, contamos coa inestimable axuda dalgúns alumn@s de 6º de E.Primaria.