BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 14 de marzo de 2024

CERVEXERÍA " LA BOMBONERA" SPONSORIZARÁ AOS NOSOS/AS ATLETAS NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 A Cervexería " La Bombonera", sponsorizará un ano máis aos atletas  que participarán   no Campionato Provincial  de campo a través escolar.

Os nosos atletas lucirán unhas camisetas doadas por este establecemento de hostalería.

Desde aquí, queremos agradecer a súa implicación no fomento do deporte de base.

Moitas grazas!


martes, 12 de marzo de 2024

SUSPENSIÓN DO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Tendo en conta as previsións meteorolóxicas para o vindeiro venres  en Porto do Son, os organizadores do Campionato Provincial de campo a través escolar decidiron suspender a proba.

Buscarase unha nova data á volta das vacacións de Semana Santa, da cal vos informarei coa antelación suficiente.

Desculpade as molestias.

viernes, 2 de febrero de 2024

RECREOS ACTIVOS. ADESTRAMENTOS PARA PREPARAR O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.



Ola a tod@s!

De cara a preparar o Campionato Provincial  de campo a través que se celebrará o próximo 15 de Marzo en Porto do Son, comezamos o próximo martes 6 de Febreiro os adestramentos.

Aqueles nenos/as que queiran  adestrar voluntariamente, poden achegarse nos recreos ao ximnasio, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.

Adestraremos  todos  os martes.

Anímate!

martes, 30 de enero de 2024

XOGOS COLABORATIVOS PARA FOMENTAR A EMPATÍA E A INCLUSIÓN


A semana pasada o alumnado de 3º de E. Primaria desenvolvou dúas sesións de xogos cooperativos para fomentar a cohesión grupal, o traballo compartido, a empatía e, en definitiva, a inclusión.

Un dos  motivos principais  de levar a cabo estas dúas sesións, foi a de facer partícipe a un compañeiro do grupo que debido a unha lesión, terá que utilizar cadeira de rodas durante un tempo, buscando como obxectivos principais

·    Introducir a este alumno dunha forma dinámica dentro do conxunto da clase.

·    Fomentar a integración social a partir da participación nas actividades do grupo clase.

·   Adaptar as reglas dos xogos de maneira que sexan válidas para todos/as.

·   Favorecer a motivación co  fin de que o alumno teña gañas de participar.

Agradecer a colaboración da súa titora Maica, tanto na proposta de actividades, como na súa colaboración e participación. Moitas grazas!

 



viernes, 26 de enero de 2024

DESTACADO PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Esta mañá celebrouse  a Fase local de campo a través escolar, onde un ano máis, os nosos/as atletas tiveron un destacado  papel na proba celebrada no circuito permanente do polígono industrial de Carballo.

O noso centro estivo representado por 82 nenos/as das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.

Aínda que todos os nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Julía García ; a  de prata de  Hugo Castro e a medalla de bronce de Enzo Palanca.

Destacar tamén, que os equipos benxamín masculino e alevín feminino acadaron o segundo posto, e o equipo alevín masculino o terceiro posto.

Con estes resultados serán 16 atletas do noso centro os que nos representarán no Campionato Provincial de centros educativos, que se celebrará o  venres 15 de  Marzo  no circuito Virxe do Loreto de Porto do Son.
 
Quero aproveitar esta entrada, para dar as grazas ao equipo directivo  do centro, as titoras, e en especial,a Marta,Patricia e Esther, polo seu excelente traballo e colaboración no desenvolvemento da xornada de hoxe. Moitas grazas!


Tampouco me quero olvidar do excelente comportamento dos nenos/as, e do apoio incondicional de todos os pais e nais que se achegaron ata o circuito para animar aos nenos/as.
Moitas Grazas! 

Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!!

 

RELACIÓN DE ATLETAS CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL

CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL

MARTA VILLASENIN FACAL ( 4ª CLASIFICADA BEMXAMÍN FEMININO)

SARA ANTELO FRAGA ( 7ª CLASIFICADA BEMXAMÍN FEMININO)

            ENZO PALANCA COUSILLAS(3º CLASIFICADO ALEVÍN MASCULINO)

LUCÍA LOIS COUSILLAS( 9ª CLASIFICADA INFANTIL FEMENINO)

 

CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS

BENXAMÍN MASCULINO 2º CLASIFICADO

HUGO CASTRO LADO

MATEO GONZÁLEZ SANMARTÍN

YOEL GRILLE CALVIÑO

ADRIÁN GARCÍA RECAREY

GAEL MÉNDEZ ABELENDA

ÁLEX GARCÍA MARIÑO

ALEVÍN FEMININO 2º CLASIFICADO

JULIA GARCIA REMUIÑAN

LUNA LORENZO ANTELO

VICTORIA RAMOS VARELA

PAULA BOLÓN COTELO

ANA CARRACEDO VARELA

CLAUDIA CASTRO MARTÍNEZ

 CLASIFICACIÓNS FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR DE CARBALLO  

 

 
EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO (2º CLASIFICADO)


                     EQUIPO BENXAMÍN FEMININO  (4º CLASIFICADO)

 

                       EQUIPO ALEVÍN FEMININO  (2º CLASIFICADO)

 EQUIPO ALEVÍN MASCULINO  (3º CLASIFICADO)
 
EQUIPO INFANTIL FEMININO 
 
EQUIPO INFANTIL  MASCULINO  

JULIA GARCÍA REMUIÑÁN 
( 1ª CLASIFICADA ALEVÍN FEMININO)
 
 HUGO CASTRO LADO
 (2º CLASIFICADO BENXAMÍN MASCULINO)
 
 ENZO PALANCA COUSILLAS
(3º CLASIFICADO ALEVÍN MASCULINO)