BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

domingo, 14 de abril de 2024

FINAIS DA IV LIGA ESCOLAR DE BALONCESTO 3X3





O luns e o venres terán lugar no recreo as finais da IV Liga escolar de baloncesto 3x3, organizadas polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.

Nela participou o alumnado de 3º ,4º ,5º e 6º de E.Primaria.

Queremos aproveitar, para darlle as grazas ao Basket Xiria pola súa colaboración no desenvolvemento deste torneo.

Moitas grazas!

1 comentario: