BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 27 de mayo de 2013

XOGAMOS CO BALONMÁN XIRIA



Un dos obxectivos do departamento de educación física do centro, é que os nosos alumn@s coñezan os clubes deportivos que hai na nosa localidade, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo de ocio e fomentar a práctica de actividade física da nosa poboación escolar, colaborando na consecución de hábitos cada vez máis activos. 

Desde hai catro anos, o noso centro colabora coas entidades deportivas que hai na nosa vila, facilitando que os técnicos dos clubes visiten o noso colexio  para facer unha presentación do seu deporte, explicar o funcionamento do seu club, creando así un vínculo importante entre o centro escolar e os diferentes  clubes da localidade.

Por todo isto, durante esta semana e a próxima, os adestradores do Balonmán Xiria, impartirán unhas sesións de iniciación ao balonmán dirixidas aos alumn@s de 1º,2º e 3º de Educación Primaria.

miércoles, 15 de mayo de 2013

ORIENTACIÓN NA ESCOLA


Os alumn@s do noso centro disfrutarán próximamente da actividade lúdica " Orientación na escola" englobada no programa Xogade.
 
É unha actividade de introdución a disciplina de Orientación deseñada exclusivamente para o alumnado de centros escolares de primaria.

Será dirixida por técnicos da federación, que visitarán o centro na data convida para realizar, ao longo dunha mañá e dentro do horario escolar, actividades lúdicas de iniciación que faciliten a inmersión dos escolares nesta modalidade deportiva de maneira lúdica e cooperativ
a.