BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 10 de febrero de 2015

XURXO PENA CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA

Xurxo Pena, alumno de 4º de E.Primaria,logrou a marca mínima para participar nos 50 metros lisos no Campionato Galego de pista cuberta, que terá lugar o vindeiro sábado  no Pazo de Deportes de Riazor( A Coruña).

Moita sorte e noraboa!!!! 




domingo, 8 de febrero de 2015

PLATAFORMA DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable)



O noso colexio como centro participante no Plan Proxecta de Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acaba de dar un paso máis dentro deste proxecto, marcándose como un novo obxectivo, que o alumnado do centro adquira e consolide unha vida activa e saudable. Para iso, unha das actuacións consideradas neste programa educativo, é a valoración da condición física saudable do seu alumnado, cuxos datos serán recollidos e analizados na Plataforma DAFIS.

A Plataforma D.A.F.I.S é unha aplicación informática que permite ao especialista de educación física unha xestión eficaz dos datos do seu alumnado sobre a súa condición física saudable, facilitándolle unha información de calidade para unha posterior toma de decisións tanto nas súas clases de Educación Física coma noutras actividades de promoción da saúde a través da práctica regular de actividade física.

Durante as próximas semanas os alumnos/as dos seis cursos de  Educación Primaria realizarán unha serie de probas seguindo un protocolo no que se valorará: a composición corporal, a forza máxima isométrica, a forza explosiva do tren inferior, a flexibilidade; a velocidade, axilidade e coordinación; a resistencia á forza do tren superior e a resistencia - cardiorespiratoria.

BO PAPEL DE LAURA VILARIÑO E LUCÍA CARRO NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS



Laura Vilariño e Lucía Carro, alumnas de 3º e 5º  de E.Primaria, finalizaron nos postos 19º e 34 º, no Campionato Provincial de Campo a través escolar, celebrado na mañá de onte no circuito da praia de Cabío( A Pobra do Caramiñal).

O postos acadados polas dúas  atletas do noso centro son moi meritorios, xa que, neste Campionato, estaban representadas as mellores atletas da categoría benxamín e alevín da provincia de A Coruña.

Con esta proba  finaliza a nosa participación nos campionatos de campo a través escolar, onde o noso centro estivo presente por quinto ano consecutivo, nas fases Local, Intercomarcal e Provincial.

Desde aquí, quero agradecerlle a tódol@s atletas do noso centro que participaron nas mesmas,o esforzo e comportamento amosado.

Moitas grazas a tod@s!!!!

lunes, 2 de febrero de 2015

INFORMACIÓN SOBRE O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Lucía Carro Rodríguez e Laura Vilariño Cabeza, alumnas de 5º e 3º de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este vindeiro sábado, no circuito da praia de Cabío ( A Pobra do Caramiñal) 

Este campionato é clasificatorio para o Campionato Galego, que terá lugar o sábado 21 de Febreiro en Monterrei( Ourense).

Lucía e Laura chegan moi ilusionadas á proba, aínda que son conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte @s mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.

Moita sorte campionas!!!

EDUCACIÓN FÍSICA PARA UNA VIDA MÁS PROLONGADA, SALUDABLE, SATISFACTORIA Y PRODUCTIVA


Artigo moi interesante referente á Educación Física, publicado pola UNESCO(preme no enlace inferior)