BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 18 de junio de 2020

BO VERÁN A TODOS/AS!



Ola a todos/as!

Chegamos ao final dun novo curso e gustaríame despedirme persoalmente de todos vós, pero as circunstancias que estamos vivindo, fan que non sexa posible. Por este motivo quero aproveitar a ocasión para agradecervos o voso gran traballo, esforzo e colaboración durante este final de curso tan atípico, tanto   a vós como ás vosas familias. Sei que non foi fácil adaptarse a esta nova situación, pero estou moi orgulloso do voso gran traballo ao longo deste trimestre.

Noraboa a todos/as!

Agardo que para o vindeiro curso a situación volva á normalidade e podamos disfrutar das clases de Educación Física no colexio.

Moitas grazas a todos/as por visitar o blog.

Vémonos de novo o 10 de Setembro para seguir "desfrutando movéndonos".

Unha aperta moi grande e bo verán a todos/as.

martes, 16 de junio de 2020

DESPEDIDA DOS ALUMNOS/AS DE SEXTO CURSO


Ola a todos/as!
Gustaríame despedirme persoalmente de todos vós, pero as circunstancias fan que non sexa posible, por iso decidín escribírvos esta carta de despedida.

O venres despedídesvos do que foi o voso colexio durante nove anos para iniciar unha nova etapa. As experiencias vividas nestes anos seguro que vos enchen de entusiasmo para seguir adiante. Aquí comprendestes o verdadeiro significado da amizade, da unión, da solidariedade, da alegría, da confianza e outras cousas máis.

Aínda recordo aquel primeiro día de clase convosco. Era un día de setembro do ano 2011, cada un cos seus sonos baixo o brazo, cos seus medos e pensamentos... Todo era novo, todo era un desafío. Dende ese primeiro día compartimos momentos que nos foron achegando, xogos, risas,etc…

Agora iniciades unha nova etapa da vosa vida, unha etapa, na que a ilusión debe ser o máis importante. Nela non ides camiñar sós, teredes o apoio dos novos mestres e o dos vosos pais para que sexa igual de inesquecible que esta.

Que non se vos esquezan o diálogo,o entusiasmo e a constancia.

Foi un pracer compartir convosco estes nove cursos, que sinceramente non esquecerei. Espero que non sexa un adeus senón un ata sempre.

Grazas por todo, grazas por vir, grazas por estar, grazas por rir, grazas por gozar das clases, grazas polo voso esforzo, grazas pola vosa actitude, grazas pola vosa colaboración, grazas por encher de vida o ximnasio, e agardo que nos volvamos ver nalgún momento.

¡Ata moi pronto!