BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 5 de marzo de 2015

I CARREIRA POPULAR "DE DOUS EN DOUS"


O Atletismo Carballo, en colaboración co Concello de Carballo  organiza a Iª Carreira Popular por parellas “DE DOUS EN DOUS” que se celebrará o vindeiro 11 de Abril do 2015. Esta proba, terá un carácter solidario á favor dos máis desfavorecidos e será nocturna. Proba oficial da F.G.A.

CIRCUITO: a saída de tódalas probas estará na rúa Gran Vía á altura da rúa Álvarez de Sotomayor.
INSCRICIÓNS: as inscripcións pecharanse unha semana antes da proba, o 4 de abril do 2015 e haberá un tope de 600 participantes.

Serán gratuitas para todas as categorías, coa opción “non obrigatoria e solidaria” de entregar un litro ou Kilo de comida non perecedeira ó recoller o dorsal en beneficio de Cruz Roja e Cáritas.

RECOLLIDA DE DORSAIS: farase no primeiro andar do Mercado Municipal de abastos da praza do Concello de Carballo a partir das 16:00 h. do día da carreira.

PARTICIPANTES CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
1º.- As persoas con diversidade funcional poderanse rexistrar nunha distancia inmediatamente inferior da idade correspondente, se o xulgan oportuno. Así o farán saber á organización ou mediante un mail a info@carreirasgalegas.com.
2º.- Os participantes con diversidade funcional poderán ir acompañados ou utilizar os instrumentos necesarios para o seu desplazamento durante todo o percorrido na forma que decidan máis conveniente.

PREMIOS:
  • Categoría Pitufo: terán medalla tódolos participantes.
  • Categoría Benxamín feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as e medallas para tódolos participantes.
  • Categoría Alevín feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as e medallas para tódolos participantes.
  • Categoría Infantil feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as e medallas para tódolos participantes.
  • Categoría Cadete feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as.
- POR PARELLAS:
  • Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos.
  • Trofeos para os tres primeiros equipos femininos.
  • Trofeos para os tres primeiros equipos mixtos.
  • Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos, femininos ou mixtos que superen os 100 anos entre os dous. 
 Anímate e participa!!! Non o penses, corre!!!