BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

sábado, 24 de enero de 2015

BOA ACTUACIÓN D@S ATLETAS DO NOSO COLEXIO NO CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS



Se díficil é chegar, moito máis é manterse, é iso é o que levan facendo os  atletas do noso colexio durante estos últimos  anos, xa que,por quinto ano consecutivo, o noso centro estará presente no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro sábado 7 de Febreiro na Pobra do Caramiñal.

Aínda que todos os nos@s atletas estiveron a un gran nivel, hai que destacar a medalla de prata colleitada por Laura Vilariño na categoría Benxamín Feminino, a medalla de bronce do equipo Benxamín masculino e a clasificación individual de Lucía Carro(5ª) na categoría alevín feminino.

O resto dos nen@s que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 4º posto dos equipos alevín masculino e feminino,e o quinto do benxamín feminino.

Cabe recordar, que fomos o centro de Carballo con máis representación, 33 nen@s e cinco equipos, algo moi meritorio.

Quero darlle as grazas aos nen@s  polo seu esforzo e comportamento, e as familias, pola súa colaboración durante toda a mañá.

Moitas grazas a tod@s!!!


ATLETAS CLASIFICAD@S PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL 
LAURA VILARIÑO CABEZA
LUCÍA CARRO RODRÍGUEZ 

domingo, 18 de enero de 2015

ADESTRAMENTOS PARA PREPARAR A FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

 
Ola a tod@s!
Xa queda  pouco  para que se celebre a Fase Intercomarcal de campo a través, e como todos os anos, aqueles nen@s que queiran preparar voluntariamente a proba, poden achegarse nos recreos ao ximnasio, para adestrar.

Esta semana(sempre que as condicións metereolóxicas o permitan)adestraremos o Martes,Mércores e Venres.

Anímate!

CINCO EQUIPOS DO NOSO CENTRO CLASIFICÁRONSE PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

A Federación Galega de Atletismo acaba de  facilitarnos as clasificacións da Fase Local de campo a través celebrada o pasado venres, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que, dezaseis nen@s e cinco equipos, conseguiron clasificarse para a Fase Intercomarcal de campo a través, que se celebrará o vindeiro sábado 24 de Xaneiro no parque deportivo de Acea da Ma. 

Ás sete medallas colleitadas, e á clasifiacción de dezaseis atletas de maneira individual, hai que destacar que a nivel de equipos os resultados foron moi bos , xa que, acadamos tres primeiros e dous segundos postos.


Relación de atletas clasificados para a Fase Intercomarcal 


Benxamín feminino ( 2º e 3ºcurso)
Laura Vilariño Cabeza
Ainara Cancela Varela
Nerea Alonso Recarey
Thalia López Pereiro
Uxía Rodríguez Rey
Noa Pena Vázquez
Iria Bustelo García 

                Benxamín masculino ( 2º e 3ºcurso) 
José Manuel Negreira Abelenda
Noel Varela Buendía 
Brian Rojas Souto
Eloy Castro García
Lucas Souto Areosa
Miguel Bértoa García
Sergio Verdía Varela 
Mateo Castro Souto
Sergio Suárez Cerqueiro
Valentín Porteiro Rodríguez
Diego Taibo Tasende
Juan Antonio Moreira García

Alevín feminino (4º e 5º curso)
Lucía Carro Rodríguez.

Marta Padín Viña.
Alba Muñoz Suárez
Alicia Abelenda Cambón.
Paula Angeriz Suárez
Noelia Añón Pardiñas

Alevín masculino (4º e 5ºcurso)
Sergio Santos Rama  
David Pandelo Gómez
 Xurxo Pena Vázquez
   Andrés David Bermúdez Castro. 
Gabriel Pena Moura.

                      Fabián Vázquez Gondar                  
 
Infantil feminino ( 6º curso)

María Serra Álvarez.        

Infantil masculino ( 6º curso) 

Andrés Lage Otero.  

viernes, 16 de enero de 2015

INFORMACIÓN SOBRE O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR



O vindeiro sábado 24 de Xaneiro celebrarase no circuito do parque deportivo de Acea da Ma (Culleredo) o Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, onde participarán varios alumnos/as do noso centro( pendiente de confirmar o número total ata que se publiquen as clasificacións definitivas.Os nen@s que quedaron clasificados entre os oito primeiros teñen asegurada a súa clasificación)

Os nen@s  serán trasladados  ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  seu mestre de educación física.

A hora prevista da saída desde Carballo será ás 9.30 horas( PENDENTE DE CONFIRMACIÓN) desde o aparcamento do centro comercial Bergantiños-Gadis.

Está previsto chegar  de volta a Carballo entre as  14 e as 14.15 horas ( dependendo de que os horarios das probas non se vexan alterados) ao mesmo lugar da saída.

Os horarios orientativos das probas son os seguintes:

10:30 – Retirada de dorsais

Hora
Categoría
Distancia  aprox.
Voltas
11.00
Benxamín fem.
   2º e 3º E.P
600m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.10
Benxamín mas.
   2º e 3º E.P
600m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.20
Alevín fem.
  4º e 5º E.P
800m
SALIDA B + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.30
Alevín mas.
  4º e 5º E.P
1320m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.45
Infantil fem.
     6º E.P
1320m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
12.00
Infantil mas.
     6º E.P
1800m
SALIDA B+ 1 VUELTA PEQUEÑA +1 VUELTA MEDIANA

BRILLANTE PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS



Un ano máis,  os nos@s atletas tiveron unha destacada  participación na Fase Local de campo a través celebrada na mañá de hoxe no campo de fútbol das " Eiroas".

O noso centro estivo representado por 74 nen@s das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.

Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Andrés Lage, Lucía Carro, José Manuel Negreira e Laura Vilariño  ; a  medalla de prata de Marta Padín; e as medallas de bronce de Nana Sofía Suárez e Noel Varela. 
  
 A todo isto, hai que añadir a clasificación individual e por equipos de moit@s nen@s, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o vindeiro sábado 24 de Xaneiro no Parque de Acea da Ma de Culleredo( A Coruña).

jueves, 15 de enero de 2015

AVISO IMPORTANTE SOBRE A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS

 

Debido  ás malas condicións metereolóxicas, a Fase Local de campo a través desenvolverase mañá no campo de fútbol " As Eiroas" , situado ao lado do circuíto permanente de campo a través.

Moita sorte a tod@s!!!!

miércoles, 14 de enero de 2015

O CONCELLO DE CARBALLO ORGANIZA UN CURSO DE PSICOMOTRICIDADE E OUTRO DE INICIACIÓN ÁS HABILIDADES DE LOITA




A Concellaría de Deportes do concello de Carballo informa de que está aberto o prazo para anotarse en dúas actividades. En primeiro lugar ofértase un curso de psicomotricidade, habilidades motrices e dominio corporal, dirixido a nenos e nenas de tres a cinco anos; en segundo, un curso de iniciación ás habilidades de loita, destinado a nenos e nenas de seis a nove anos. As clases serán os mércores e os venres ás 16.00 horas a partir do mércores 14 de xaneiro. Para participar, só hai que cumprimentar a folla de inscrición  e entregala las oficinas de Carballo Deporte situadas na rúa Vila de Corcubión.

lunes, 12 de enero de 2015

INFORMACIÓN SOBRE A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS 2015

O vindeiro venres 16 de Xaneiro celebrarase no Polígono Industrial de Bértoa( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan),a Fase Local de Campo a través, onde participarán 74 alumn@s do noso centro.

Os nen@s participantes virán ao colexio no seu horario habitual( 9.05 a 14.05 h) e serán trasladados ao lugar da proba en autobuses acompañados por varios mestres.


Os horarios orientativos das probas son os seguintes:



Hora

Categoría

Curso

Distancia aprox.

10.45

Infantil mas.

6º E.P

1.200 m

11.00

Infantil fem.

6º E.P

800 m

11.15

Alevín mas.

4º e 5º E.P

800 m

11.30

Alevín fem.

4º e 5º E.P

600 m

11.45

Benxamín mas.

2º e 3º E.P

500 m

12.00

Benxamín fem.

2º e 3º E.P

500 m

RECOMEDACIÓNS PARA OS NEN@S E AS FAMILIAS:
  • Dado que a proba se desenvolverá sobre un circuito de herba e terra, é recomendable que os nen@s veñan provistos de doble calzado e calcetíns( un par de zapatillas deportivas e calcetíns para competir, e outro par para poñer unha vez finalizada a proba).

  • Os nen@s traerán chandal ( o do colexio ou outro ) e un anorak   para evitar enfriarse durante a espera da súa proba e despois da mesma.


  • Participarán coa camiseta técnica de cor branco do colexio (O centro facilitaralles unha camiseta aos nen@s que non dispoñan da mesma). Aqueles nen@s que queiran utilizar pantalón curto ou mallas deportivas poden facelo).


  • Se o seu fill@ está tomando algunha medicación ou ten algún problema físico que detectarán nos últimos días, non esquezan comunicalo.


  • Recorden que os obxectivos fundamentais desta proba  son os de fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable;e difundir os valores da competición.


  • Os resultados da proba, as fotografías e toda a información da mesma poderán consultalos no blog de educación física do noso centro: “ Disfrutamos movéndonos”.


  • Para calquer aclaración ou dúbida, póñanse en contacto con Suso (mestre de educación física do centro)

Moita sorte a tod@s!!!!