BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

viernes, 16 de enero de 2015

BRILLANTE PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS



Un ano máis,  os nos@s atletas tiveron unha destacada  participación na Fase Local de campo a través celebrada na mañá de hoxe no campo de fútbol das " Eiroas".

O noso centro estivo representado por 74 nen@s das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.

Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Andrés Lage, Lucía Carro, José Manuel Negreira e Laura Vilariño  ; a  medalla de prata de Marta Padín; e as medallas de bronce de Nana Sofía Suárez e Noel Varela. 
  
 A todo isto, hai que añadir a clasificación individual e por equipos de moit@s nen@s, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o vindeiro sábado 24 de Xaneiro no Parque de Acea da Ma de Culleredo( A Coruña).

No hay comentarios:

Publicar un comentario