A espeleoloxía é unha das actividades lúdicas incluidas dentro do programa Xogade( Xogos deportivos en idade escolar) que se ofertan para este curso,e pareciume interesante para os alumn@s, solicitar esta actividade polo novidosa e atractiva que pode resultar para todos eles.
A actividade ten un carácter informativo-divulgativo para dar a coñecer a práctica nesta modalidade deportiva de maneira lúdica e cooperativa que se realiza case exclusivamente fóra da vista dos non practicantes:baixo terra.
Será dirixida por Técnicos Deportivos en Espeleoloxía da Escola Galega de Espeleoloxía,que visitarán o centro durante o terceiro trimestre do curso ,dentro do horario escolar, cunha exposición multimedia e unha posterior actividade práctica no ximnasio do centro.
"Espeleoloxía na escola" , vai dirixido aos alumn@s do terceiro ciclo de E.Primaria (5º e 6º), e ten un carácter eminentemente lúdico.
O que busco con este tipo de actividades, ao igual que nos dous cursos anteriores nos que se desenvolveron as actividades de: Taekwondo, Loita Olímpica e Ximnasia Deportiva; é un acercamento de actividades lúdicas ao centro que lle resulten atractivas e novidosas aos alumn@s para que coñezan outras modalidades deportivas.

No seguinte vídeo titulado: " Nas entrañas da terra", poderedes coñecer un pouco máis desta modalidade deportiva tan interesante.