BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 15 de marzo de 2012

INSTALACIÓNS AXEITADAS¿ UN SOÑO?

O pasar por máis de media ducia de colexios fíxome ver ata que punto dispor dunhas instalacións e materiais axeitados repercute na calidade do proceso educativo. Estou seguro que calquera mestre prefire ter recursos materiais suficientes, variados e de calidade a non telos. A discusión sobre a necesidade ou non dos materiais é peregrina. Está claro tamén que dispor deles non asegura nin por casualidade que as sesións que expoñamos aos nosos alumn@s vaian desenvolverse perfectamente e que este feito lles fará aprender como por encantamento, pero son un elemento a favor de considerable peso.

Na maioría de centros de nova construción tívose en conta á área de educación física? Quero dicir que se do mesmo xeito que se prepararon os espazos para unha aula de idiomas, outra de desdobre ou multiusos, a biblioteca e aula de informática, pregúntome se tamén se pensou nun amplo almacén para o material da nosa área, uns vestiarios ou aseos adecuados e de fácil acceso,ximnasios dotados de calefacción, etc. Pola miña experiencia ? creo que non; porque  todo é mellorable, sobre todo se ao arquitecto ou proxectista ocorréselle preguntarnos aos mestres que a imos a utilizar.


Con todo nos centros máis antigos a cousa complícase. Se xa de por sí naceron con limitacións, a situación actual (e caben aquí   a re-organización interna dos espazos, a deterioración das instalacións, a escasa dotación, a falta de orzamento para novas compras, etc.) fai que mestres e alumnos/as teñamos que armarnos de paciencia para poder gozar das nosas clases: faise difícil educar na hixiene cando o propio aseo é o almacén; promover o coidado dos materiais cando están continuamente á vista -e ao tacto- de quen pase por alí; concienciar do respecto mutuo cando en dous palmos de terreo conviven demasiados alumn@s; etc. Ah! e se chove? O do  pavillón cuberto é xa unha utopía.

Como me considero capaz de queixarme e propor solucións ao mesmo tempo  van unhas cantas: re-dotar aos centros de novos materiais (polo menos cada dez anos!); reservar unha maior partida orzamentaria do centro para a nosa área (tendo en conta que os materiais son caros e necesitamos un bo número); solicitar ao concello que adoita ser quen xestiona as instalacións, melloras nas mesmas (desde repintar as liñas da pista até construír algún espazo como almacén); recoller materiais que poidan vir a través de promocións de editoriais (recursos audiovisuais, cadernos de traballo, etc.); participar en promocións de institucións (solicitando material para temas transversais: educación viaria, para a saúde, etc.); inscribirnos en actos deportivos ou campañas de organizacións que nos poidan facilitar novos recursos; utilizar calquera dotación municipal que teñamos a man (polideportivo, etc.). En fin, imaxinación ao poder e xa sabedes: o que non chora...

1 comentario: