BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 21 de diciembre de 2020

BO NADAL E FELICES FESTAS.



Quero aproveitar estas datas, para desexarvos un bo Nadal e un deportivo 2021.

Boas festas a todos/as!

viernes, 18 de septiembre de 2020

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE



O Concello de Carballo súmase un ano máis á Semana Europea da Mobilidade, na que participan 2.505 cidades de 47 países. O programa, deseñado pola Concellaría de Mobilidade coa colaboración da área de Igualdade. 

O contido do programa,  estará marcado polas restricións derivadas da situación sanitaria e polas medidas preventivas pola COVID-19. Por iso en todas as actividades faranse grupos reducidos, respectaranse o uso de máscara, a distancia de seguridade ou, no seu caso, a desinfección dos obxectos que se utilicen. Por primeira vez, ademais, Carballo participará no Día sen Coches, unha iniciativa que se desenvolverá simultaneamente en distintos barrios urbanos, nos que se cortarán rúas para que as ocupen os peóns con xogos e actividades e para visibilizar unha transformación urbana que pouco a pouco vai chegando a toda a vila.

O Día sen Coches coincidirá coa celebración da actividade “Pedaleando pola igualdade”, que a Concellaría de Igualdade tivo que suspender en marzo. Con esta actividade, na que tamén colabora o Club Ciclista Carballo, trátase de “darlles recursos ás mulleres para poder andar en bicicleta e que se sintan libres”.

A Asociación Ambiental Senda Nova guiará por segundo ano unha ruta pola beira do Anllóns dende a Ponte de Bértoa ata o Muíño da Cheda “para poñer en valor tamén as marxes dos ríos, que son dos poucos lugares que quedan con vexetación autóctona”. 

Íntegro repite colaboración,co " Día da Accesibilidade", que se desenvolverá  o luns 21, ocupando con cadeiras de rodas varias prazas de aparcamento para que a xente que ocupa as prazas para persoas con mobilidade reducida vexa o mal que se sentiría se lle pasase a eles. Ese mesmo día, pola tarde haberá unha ruta con cadeiras de rodas para “chequear” a accesibilidade da contorna do Fórum.


O programa da Semana Europea da Mobilidade celebrarase dende o 16 ata o 22 de setembro. Tes todos os detalles aquí abaixo.👇


👉PROGRAMA SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

viernes, 11 de septiembre de 2020

PROTOCOLO CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA


É sabido por todos/as a situación que estamos a vivir debido á pandemia que convive connosco desde o pasado mes de marzo chamado COVID-19, que nos fixo cambiar moitos hábitos de vida que tiñamos xa moi interiorizados como as relacións persoais, a maneira de compartir, a maneira de xogar, de saír á rúa,… mesmo incorporou novos elementos ao noso día a día como é o uso da mascarilla e a utilización do xel hidroalcohólico para manternos seguros/as e manter seguros aos que nos rodean.

No colexio está a pasarnos o mesmo, tendo que cambiar as rutinas que tiñamos xa aprendidas e sabidas, para adaptarnos á nova situación e poder convivir todos/as dunha maneira segura, saudable e sen medo.

O mesmo ocorre coa área de Educación Física, por iso, deseñei un Protocolo COVID-EF para que as nosas sesións sigan sendo espazos de aprendizaxe a través do movemento, nun espazo seguro como é ao aire libre, gozando e divertíndonos mentres nos afacemos ás novas normas, pois o único que cambia é a maneira de xogar, pero a actividade física é, agora máis que nunca, moi necesaria debido a que durante o confinamento pasamos moito tempo na casa, sen poder saír e temos que recuperar todos eses momentos que nos perdemos.
A continuación móstrovos como intentaremos actuar nas nosas sesións, non é nada definitivo, pois pode sufrir modificacións a medida que vaian sucedendo os días e vaiamos tendo máis información sobre a práctica.

👉 HIXIENE FRECUENTE DE MANS, XA QUE É A PRINCIPAL MEDIDA DE PREVENCIÓN E CONTROL DA INFECCIÓN.

👉 MANTER UN DISTANCIAMENTO FÍSICO DE 1,5 METROS E CANDO NON POIDA GARANTIRSE O MESMO USARANSE MEDIDAS DE PROTECCIÓN AXEITADAS.

👉 USO DE MASCARILLA OBRIGATORIO PARA TODO O ALUMNADO DE 1º A 6º DE E. PRIMARIA.

👉 NON ACUDIR AO CENTRO SE SE ATOPA EN ILLAMENTO, CORENTENA OU PRESENTA SÍNTOMAS COMPATIBLES CO COVID-19.

👉 ESBIRRAREMOS NOS CÓBADOS, EVITANDO TOCAR A CARA.
👉 O QUE CAMBIA É A MANEIRA DE XOGAR!

👉FAREMOS XOGOS INDIVIDUAIS, EN PARELLA E XOGOS QUEBRACABEZAS.

👉 PODEMOS CREAR OS NOSOS PROPIOS SAÚDOS SEN CONTACTO.
👉 A CIRCULACIÓN POLO EDIFICIO DO COLEXIO REALIZARASE POLAS ZONAS HABILITADAS PARA ISO.

👉FORMAREMOS GRUPOS ESTABLES DE CONTACTO DE 4 0 6 ALUMNOS/AS.
👉 PRIMAREMOS OS ESPAZOS AO AIRE LIBRE.

👉 SE QUERO IR AO BAÑO, VOU SÓ, XA QUE SOAMENTE PODE IR UN ALUMNO/A O BAÑO DE MANEIRA SIMULTÁNEA.
👉 UTILIZAREMOS O MATERIAL DE MANEIRA SEGURA.



jueves, 10 de septiembre de 2020

PRESENTACIÓN ASIGNATURA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO 2020-2021

Este curso  a asignatura de Educación Física vai sufrir modificacións respecto do que viña sendo a “normalidade” para poder cumprir coas medidas de distanciamento social.

Faremos unha serie de rutinas, normas ou protocolos que hai que ter presentes nas nosas sesións e que, aparecen detallados nos arquivos adxuntos de cada curso.

A temporalización e as unidades didácticas programadas pretenden desenvolver e afianzar os contidos propostos no currículum, polo que se adaptarán ás circunstancias actuais, modificando os xogos para que non haxa contacto entre os nenos/as e se respecte, na medida do posible a distancia de seguridade. Utilizaremos o menor material posible e desinfectarase ao finalizar cada sesión. No mes de setembro, centrarémonos na hixiene, a saúde e a seguridade nas   nosas clases.

Algunhas das medidas serán un pouco diferenciadoras con respecto aos cursos pasados, sendo conscientes da dificultade que entraña a nova situación, na asignatura de Educación Física.

Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración.

👉PRESENTACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA 1º,2º,3º,E 4º E.PRIMARIA

👉PRESENTACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA 5º E 6º E.PRIMARIA

martes, 1 de septiembre de 2020

BENVIDOS/AS AO CURSO 2020/2021!

Plufi quere darvos a benvida ao novo curso escolar 2020-2021, en particular aos que chegades por primeira vez ao noso centro.

Recordade que é  tarefa de todos/as que fagamos caso ás indicacións que nos transmiten as autoridades sanitarias.

Espérovos o xoves e venres  da semana que vén para desfrutar movéndonos.

Ata pronto!

jueves, 18 de junio de 2020

BO VERÁN A TODOS/AS!



Ola a todos/as!

Chegamos ao final dun novo curso e gustaríame despedirme persoalmente de todos vós, pero as circunstancias que estamos vivindo, fan que non sexa posible. Por este motivo quero aproveitar a ocasión para agradecervos o voso gran traballo, esforzo e colaboración durante este final de curso tan atípico, tanto   a vós como ás vosas familias. Sei que non foi fácil adaptarse a esta nova situación, pero estou moi orgulloso do voso gran traballo ao longo deste trimestre.

Noraboa a todos/as!

Agardo que para o vindeiro curso a situación volva á normalidade e podamos disfrutar das clases de Educación Física no colexio.

Moitas grazas a todos/as por visitar o blog.

Vémonos de novo o 10 de Setembro para seguir "desfrutando movéndonos".

Unha aperta moi grande e bo verán a todos/as.

martes, 16 de junio de 2020

DESPEDIDA DOS ALUMNOS/AS DE SEXTO CURSO


Ola a todos/as!
Gustaríame despedirme persoalmente de todos vós, pero as circunstancias fan que non sexa posible, por iso decidín escribírvos esta carta de despedida.

O venres despedídesvos do que foi o voso colexio durante nove anos para iniciar unha nova etapa. As experiencias vividas nestes anos seguro que vos enchen de entusiasmo para seguir adiante. Aquí comprendestes o verdadeiro significado da amizade, da unión, da solidariedade, da alegría, da confianza e outras cousas máis.

Aínda recordo aquel primeiro día de clase convosco. Era un día de setembro do ano 2011, cada un cos seus sonos baixo o brazo, cos seus medos e pensamentos... Todo era novo, todo era un desafío. Dende ese primeiro día compartimos momentos que nos foron achegando, xogos, risas,etc…

Agora iniciades unha nova etapa da vosa vida, unha etapa, na que a ilusión debe ser o máis importante. Nela non ides camiñar sós, teredes o apoio dos novos mestres e o dos vosos pais para que sexa igual de inesquecible que esta.

Que non se vos esquezan o diálogo,o entusiasmo e a constancia.

Foi un pracer compartir convosco estes nove cursos, que sinceramente non esquecerei. Espero que non sexa un adeus senón un ata sempre.

Grazas por todo, grazas por vir, grazas por estar, grazas por rir, grazas por gozar das clases, grazas polo voso esforzo, grazas pola vosa actitude, grazas pola vosa colaboración, grazas por encher de vida o ximnasio, e agardo que nos volvamos ver nalgún momento.

¡Ata moi pronto!

domingo, 24 de mayo de 2020

PDC. MÓVETE NA CASA VII








PDC. MÓVETE NA CASA: "ACROSPORT EN FAMILIA"



Esta semana os alumnos/as de 3º e 4º  de E.Primaria tiñan un reto ao que se podían sumar as súas familias. Consistía en facer unha figura de Acrosport, e así seguir promovendo entre todos/as a práctica da actividade física desde os fogares.

Moitas grazas a todos/as os que participastes neste novo reto.

domingo, 10 de mayo de 2020

martes, 28 de abril de 2020

PDC." MÓVETE NA CASA" DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA



Hoxe celebramos o Día da Educación Física na Casa. Nesta ocasión cambiou a súa R de Rúa pola C de casa, porque o confinamento está a facernos descubrir outra forma de traballar a EF e queremos ensinalo a toda a sociedade.

O Día da Educación Física na Casa 2020 quere amosar a miles de persoas a actual EF: integradora, variada, cooperadora, divertida e transmisora de grandes valores. Neste día  participaron  1.300 centros educativos e 250.000 alumnos/as de toda España. 

Desde o noso centro quixemos formar parte desta experiencia, propoñéndolle aos nenos/as e ás familias  baixo o lema " Móvete na casa", que enviaran unha fotografía na que amosaran como fan actividade física  nas súas casas estes días. 

No seguinte vídeo podedes ver o resultado. Agardo que vos guste!


Moitas grazas a todos/as por participar!




lunes, 20 de abril de 2020

PDC. MÓVETE NA CASA: "DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA"


Durante o confinamento está a demostrarse que a EF é moi importante para o mantemento do benestar físico, psíquico e social das persoas e, por iso, seguimos reivindicando o lugar que lle corresponde á nosa materia.

O próximo martes 28 de Abril celebrase o Día da Educación Física na Rúanesta ocasión cambia a súa R de Rúa pola C de c asa, porque o confinamento está a facernos descubrir outra forma de traballar a EF e queremos ensinalo a toda a sociedade.

Entre todos e todas temos que facer grande o Día da Educación Física na Casa, nada nos parará.

Desde o noso centro imos celebrar o Día da Educación Física na Casa.


Por todo isto, quero propoñervos aos alumnos/as e as familias baixo o lema " Móvete na casa", que enviedes á seguinte dirección de correo electrónico: educacionfisicaceipacristina@gmail.com, unha fotografía na que amosedes como facedes actividade física  nas vosas casas estes días. Nela poden aparecer os nenos/as e tamén as familias.

Tendes de prazo para enviar as fotos ata o Luns ás 14 horas.

Anímate e participa!

PDC. MÓVETE NA CASA II
















martes, 14 de abril de 2020

PDC.MÓVETE NA CASA I


Ola a todos/as!

Tristemente, xa sabedes que as clases do terceiro trimestre deben retomarse desde a casa. Por iso, desde a área de Educación Física,tamén seguiremos traballando e, aínda que todos/as sabemos que non é igual, faremos un novo esforzo para asegurar o movemento a diario. Agora, máis que nunca, hai que evitar o sedentarismo e combater esta pandemia con actividade física adaptada nos nosos fogares.

Por iso, ao igual que fixen na páxina web do centro as últimas semanas, irei colgando neste blog enlaces a actividades que permitan que se fagan máis levadeiras as horas que botamos na casa.

Moito ánimo a todos/as e unha aperta moi forte.

Móvete na casa!




















MÓVETE NA CASA!

martes, 17 de marzo de 2020

PDC. 14 DÍAS- 14 RETOS.


Aquí tendes un arquivo con 14 retos para estos 14 días. Está elaborado por unha compañeira de Eucación Física. 

Anímate e proba a intentar o reto.

Ti podes!



lunes, 16 de marzo de 2020

PDC. EU QUEDO NA CASA.



"EU QUEDO NA CASA"
Tal é como se establece nas instruccións do 13 de marzo de 2020 no seu artigo 3.3, nos arquivos adxuntos que aparecen na páxina web do noso centro(organizados por cada curso) poderedes acceder ás propostas de actividades de Educación Física  para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios durante os vindeiros 14 días.
As actividades que aparecen en formato pdf, poderanse imprimir para realizar as tarefas ou copialas e realizalas no caderno. Só se debe copiar das tarefas as preguntas e escribir as respostas (non o resto do documento). No caso de ser unha actividade onde haxa que seleccionar o alumno/ a alumna pódeo facer oralmente visionando o documento e contando co apoio dun familiar.
Moitas grazas pola vosa colaboración!

RECORDA É MOI IMPORTANTE

martes, 10 de marzo de 2020

PDC. AS MULLERES CONTAN NO MUNDO DO DEPORTE:NATALIA RAÑA




Para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, hoxe recibimos no noso colexio a Natalia Raña Fuentes. Os alumnos/as de E.Primaria puideron coñecer a súa historia no mundo do deporte e preguntarlle por aspectos relativos á súa dilatada vida deportiva.

Moitas grazas Natalia por ensinar aos nenos/as o camiño a seguir!!!!







viernes, 6 de marzo de 2020

PDC. SOBRESAÍNTE PAPEL DA CRISTINA NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Os doce atletas que representaron ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar celebrado esta mañá no circuito do polígono industrial de Carballo ,tiveron unha sobresaínte actuación.

A nivel individual e por equipos os resultados foron  os seguintes:


HUGO GARCÍA CAMPIÓN PROVINCIAL BENXAMÍN


TIRSO RAMOS SUBCAMPIÓN PROVINCIAL ALEVÍN


EQUIPO BENXAMÍN  SUBCAMPIÓN PROVINCIAL
(Adrián, Hugo, Nico, Román, Rodrigo e Abel)


EQUIPO ALEVÍN  5º CLASIFICADO PROVINCIAL
(Leo, Issei, Izan, Manuel,Ángel e Tirso)

Noraboa e moitas grazas a todos polo voso esforzo e comportamento!

Comentar que a proba celebrouse despois de moitos anos no circuito de herba natural que hai no Polígono industrial de Carballo, o cal, permitiu desfrutar dunha mañá de auténtico campo a través.

A entrega de medallas e trofeos foi moi emotiva cun minuto de silencio e un discurso polo falecemento, tras unha longa loita contra unha enfermidade, dunha das profesoras de Educación Física do colexio Ramón de Artaza e Malvárez, de Muros.

Con este campionato ponse punto final  á tempada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de sobresaínte, xa que, o noso centro estivo presente por novena vez consecutiva no Campionato Provincial.

Quero darlle as grazas a todos/as os nenos/as que participaron esta tempada nas distintas Fases, polo seu esforzo e comportamento, e animarvos, a seguir esforzándovos para intentar mellorar día.

Agradecer tamén ás familias, a súa inestimable colaboración durante toda a mañá.

Moitas grazas!