BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 30 de octubre de 2013

XOGO DE PISTAS DO MAGOSTO

Aproveitando que hoxe celebramos  o Magosto no noso centro, os alumn@s de 3º Ciclo fixeron  un xogo de pistas relacionado que, do mesmo xeito que nos permitiu realizar unha actividade física ( na que se incluiron aspectos como a cooperación, a iniciación na orientación,etc ... ), tamén abordou a tradición popular galega. 

Houbo dous tipos de probas: as de resolver pensando, que se realizaron por grupos no lugar concreto que se lles indiquei, e as de busca, que realizaron por todo o recinto escolar. 

O resultado podédelo ver nas seguintes imaxes. 



 

miércoles, 9 de octubre de 2013

ATLETISMO CARBALLO




“ATLETISMO CARBALLO” créase para dar saída a tódalas persoas, nen@s e adultos, que queiran aprender e practicar este deporte, dun xeito multidisciplinar. 

O Atletismo non é só correr, como a maior parte da xente cre. Ademais das carreiras de resistencia (as máis coñecidas) e as de velocidade,  tamén existen outras disciplinas como os saltos (de altura, de lonxitude, con pértega, triplo salto), ou como os lanzamentos (de xavelina, peso, martelo, disco), ou como as probas combinadas, onde se fai un pouco de todo o anterior. 

Grazas a todas estas disciplinas , calquera persoa pode encontrar a proba axeitada as súas características. Por exemplo, para lanzar xavelina non fai falta ter moita forza nos brazos senón nas pernas e ademais, ser flexible; ou para saltar lonxitude fai falta correr moi rápido poucos metros e logo saltar enriba dun lugar con area, o máis adiante posible. Polo tanto, non importa si tes máis ou menos peso, ou si tes máis ou menos resistencia, en ATLETISMO CARBALLO, ensinarémoste tódalas disciplinas e co tempo, buscarémoste a túa especialidade, axeitada as túas posibilidades. As clases impartiranse polos adestradores de Atlética A Silva de Cerceda, que tan bos resultados  acadaron nos últimos 8 anos, tanto a nivel galego coma nacional. Iso si, sempre educando  con espíritu de equipo e compañeirismo. Así que, animámoste a formar parte do noso club, sexas de onde sexas.

O inicio da actividade está previsto para o día 30 de Outubro. 

Se estás interesad@ en formar parte deste novo club, podes informarte nesta dirección de correo electrónico: atletismocarballo2013@gmail.com.

Anímate!!!



miércoles, 2 de octubre de 2013

OS ALUMN@S DE 6º DE E.PRIMARIA CURSO DO MES DE SETEMBRO


Para intentar mellorar o desenvolvemento e a optimización das sesións  de educación física cos alumn@s de educación Primaria, acabo de implementar  un plan para fomentar e recompensar o  comportamento, a actitude, a participación, o compañeirismo e  o esforzo dos alumn@s dos seis cursos de E.Primaria.

Cada mes aparecerá un entrada neste blog co curso ou cursos,que sexan merecedores deste recoñecemento. Ademais, estará exposto  nun taboleiro do ximnasio.

Noraboa aos alumn@s de sexto!!!!


COÑECEMOS O BALONMÁN CO XIRIA




Un curso máis, o departamento de Educación Física do centro, colaborou coa sección de balonmán da Agrupación Deportiva Xiria, desenvolvendo durante a última quincena do mes de Setembro, unhas sesións de iniciación a este deporte destinadas aos alumn@s de 2º,3º e 4º de E.Primaria, e que foron impartidas polo adestrador  Fernando Vázquez.

Esta actividade ten unha dobre intención, por un lado, que os clubs crezan fomentando o deporte de base e por outro, preténdeselles facilitar aos escolares o coñecemento dos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecerles unha alternativa de ocupación para o seu tempo de ocio e fomentar a práctica de actividade física da nosa poboación escolar, colaborar na consecución de hábitos cada vez máis

Desta maneira estamos creando un vínculo importante entre o centro escolar e a Agrupación Deportiva Xiria.

Quero agradecerlle a Fernando a súa disposición e bo facer cos rapaces, os cales, quedaron encantados.

Moitas grazas por darnos a coñecer este deporte!