BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

martes, 26 de febrero de 2019

PDC. RESULTADOS DA LIGA ESCOLAR DE BALONCESTO 3X3



Durante este mes de Febreiro disputáronse 10 partidos da Liga escolar de baloncesto 3x3. Os nenos/as están disfrutando desta nova experiencia, onde os partidos están sendo moi igualados.

Quedan por celebrar 14 partidos ata finais do mes de Abril.



RESULTADOS



LOS INVENCIBLES-LOS RAYOS: 1-3

WIGETTA-LOS JORDAN: 4-6

LOS ARRASADORES- LOS ALFAS: 6-5

LOS JUGADORES- LOS LOBOS: 0-1

WARRIORS – HOBERGHC: 6-3

LOS ALFAS- LOS INVENCIBLES: 6-1

LOS VENCEDORES- LOS ARRASADORES: 2-3

LOS LOBOS – WIGETTA: 1-0

HOBERGHC-LOS JORDAN: 1-5

LOS ALFAS- LOS VENCEDORES: 3-2


CLASIFICACIÓN 

1.  LOS ALFAS            5 ptos
2.  LOS LOBOS            4 ptos
3.  LOS ARRASADORES   3 ptos
4.  LOS JORDAN          2 ptos
5.  WARRIORS            2 ptos
6.  WIGETTA              2 ptos
7.  HOBERGHC             2 ptos
8.  LOS VENCEDORES     2 ptos
9.  LOS RAYOS            2 ptos
10. LOS INVENCIBLES    2 ptos
11. LOS JUGADORES      1 ptos


viernes, 22 de febrero de 2019

PDC. DESTACADO PAPEL DOS NOSOS/AS ATLETAS NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR



Os nove atletas que representaron ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, celebrado esta mañá no circuito de San Lázaro de Noia,tiveron unha destacada participación.

A nivel individual os resultados foron os seguintes:
  •  Tirso Ramos( 4º clasificado benxamín masculino)
  •  Guillermo Pastoriza( 6º clasificado alevín masculino) 
  •  Nuria Castro ( 32ª clasificada benxamín  feminino)
Tamén destacar o quinto posto do equipo infantil feminino formado por: Estela Souto, Ainara Cancela,Nerea Alonso, Iria Bustelo, Noa Pena e Nerea Cobas.

Noraboa e moitas grazas a todos/as polo voso esforzo e comportamento!!!

Comentar que a proba celebrouse nunha modélica instalación, que conta con pista de atletismo e baixo unha organización de dez.Penso que Noia é un espello onde se debería mirar o concello de Carballo, facendo unha pista de atletismo que moitos/as demandamos desde hai moitos anos.

Con este campionato ponse punto final  á tempada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de moi boa, xa que, o noso centro estivo presente por oitava vez consecutiva no Campionato Provincial.

Quero darlle as grazas a todos/as os nenos/as que participaron esta tempada nas distintas Fases, polo seu esforzo e comportamento, e animarvos, a seguir esforzándovos para intentar mellorar día.

 NURIA CASTRO


TIRSO RAMOS 


GUILLERMO PASTORIZA 


 IRIA BUSTELO,NEREA ALONSO,AINARA CANCELA,
NEREA COBAS,ESTELA SOUTO E NOA PENA





lunes, 18 de febrero de 2019

PDC.CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Nuria Castro, Tirso Ramos, Guillermo Pastoriza,Estela Souto,Ainara Cancela,Nerea Alonso,Iria Bustelo,Nerea Cobas e Noa Pena, alumnos de 2º,3º,5º e 6º de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este vindeiro venres, no circuito do estadio de San Lázaro( Noia)

Todos/as chegan moi ilusionados á proba, aínda que conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte os mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.

Moita sorte campións!!!

 Noticia no Diario de Bergantiños

lunes, 4 de febrero de 2019

PDC.RECREOS ACTIVOS. MAÑÁ COMEZA A LIGA ESCOLAR DE BALONCESTO 3X3






Mañá comeza no noso centro a liga escolar de baloncesto 3x3, que se desenvolverá ata finais do mes de Abril nos recreos dos martes .

Esta nova iniciativa  está organizada polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.